Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 1997 Páx. 549

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 1997, da Secretaría Xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente, pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de explotación da canteira Invernego.

O artigo 2º, punto 4, do Decreto 327/91, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), dispón que o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública, durante quince días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude,

RESOLVO:

1.-Someter a información pública, no prazo de quince días hábiles, contado a partir da publicación da presente resolución, o estudio de efectos ambientais do proxecto de explotación da canteira Invernego, situada nos Vaos, concello de Ribeira de Piquín, provincia de Lugo.

2.-Para os devanditos efectos informativos, porase á disposisición dos administrados, exemplares nas seguintes dependencias:

* Secretaría Xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente.

* Delegación Provincial da Consellería da Presidencia e Administración Pública (Comisión Provincial de Medio Ambiente) da provincia de Lugo.

* Concello de Ribeira de Piquín.

3.-As alegacións formularanse durante o dito prazo de quince días.

4.-Unha vez rematado o mencionado prazo, remitirase o expediente coas correspondentes alegacións á Secretaría Xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 1997.

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Comisión Galega

do Medio Ambiente

0216