Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 1997 Páx. 544

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ARZÚA

EDICTO (115/1995).

O secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Arzúa fai saber que, nos autos que a seguir se dirán figura a sentencia que ten o encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia. Na cidade de Arzúa o doce de novembro de mil novecentos noventa e seis. Vistos por Eva María Doval Lorente, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción desta vila, os presentes autos de menor contía, 115/1995,, seguidos por instancia de Josefa Quintas Viña e outros, representada polo procurador Victorino Regueiro Muñoz, con asistencia letrada de José María Paz Sueiro, sendo demandados Mercedes Codesido García, Gloria Míguez Codesido e José Silva Viña, representados pola procuradora Soledad Sánchez Silva, con asistencia letrada de Celestino Gesto Alonso, procédese a dicta-la seguinte resolución.

Seguen antecedentes de feitos e fundamentos jurídicos.

Decido que desestimando a demanda interposta polo procurador Regueiro Muñoz, en nome e representación de Josefa Quintás Viñas, María de la Merced, María Josefa, María Dolores, María del Carmen e Santiago Ricardo García Quintas, en nome e interese do Concello de Touro, contra Mercedes Codesido García, Gloria Míguez Codesido e José Silva Viña, debo absolver e absolvo os expresados demandados de tódolos pedimentos formulados contra eles, con expresa imposición de custas á parte demandante.

Esta sentencia non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación para ser resolto pola audiencia provincial, no termo de cinco días a partir da súa notificación ás partes.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma ás persoas descoñecidas e incertas que puidesen estar interesadas no camiño, expido este edicto en Arzúa o vintedous de novembro de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

9011