Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 1997 Páx. 544

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CARBALLO

EDICTO (170/1994).

Nos autos que máis arriba se expresan, seguidos por instancia do procurador Antonio Veiga Rodríguez, en nome e representación de Ramona Eulogia Otero Amigo, contra Bernardo Cambre España, Ministerio Fiscal e avogado do Estado, dictouse con data do 18 de novembro de 1996 a sentencia que contén o encabezamento e parte dispositiva que literalmente din:

«En Carballo o dezaoito de novembro de mil novecentos noventa e seis. Vistos por Margarita Pazos Pita, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Carballo e o seu partido, os presentes autos de xuízo verbal número 170/1994, sobre solicitude do beneficio de xustiza gratuíta, dimanantes de separación conxugal número 33/1994, seguido por instancia de Ramona Eulogia Otero Amigo, representada polo procurador Antonio Veiga Rodríguez e defendida polo letrado Eduardo Castro García, contra Bernardo Cambre España, declarado en rebeldía, sendo parte o avogado do Estado e Ministerio Fiscal.

Decido que debo recoñecer e recoñezo o dereito a litigar gratuitamente a Ramona Eulogia Otero Amigo, con dereito ós beneficios que a lei outorga, no xuízo de separación conxugal número 33/1994 e tódalas súas incidencias, isto sen prexuízo do disposto no artigo 48 da Lei de axuizamento civil. Contra esta sentencia, que non é firme, cabe interpor recurso de apelación no prazo de cinco días contados a partir do seguinte día hábil ó da súa notificación. Únase testemuño desta resolución ós autos a que se refire e arquívese o orixinal no libro de sentencias que se leva neste xulgado. Así, por esta sentencia, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E en cumprimento do acordado, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, así como para a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado, e para que sirva de notificación en forma ó demandado rebelde Bernardo Cambre España, domiciliado no lugar de Rabuceiras (Malpica-A Coruña), expídese o presente edicto en Carballo o vinteseis de novembro de mil novecentos noventa e seis.

A xuíza

Rubricado

A secretaria

Rubricado

9056