Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 1997 Páx. 545

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CARBALLO

EDICTO (220/1995).

Nos autos que máis arriba se expresan, seguidos por instancia do procurador Romero Gómez, en nome e representación de Asunción Manteiga Camafreita, contra Domingo Antonio Álvarez Noya, Ministerio Fiscal e letrado da Xunta de Galicia, dictouse con data do 19 de novembro de 1996 a sentencia que contén o encabezamento e parte dispositiva que literalmente din:

«Margarita Pazos Pita, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous da vila de Carballo e o seu partido, pronunciou en nome El-Rei a seguinte sentencia: En Carballo o dezanove de novembro de mil novecentos noventa e seis. Vistos os presentes autos de xuízo verbal número 220/1995, sobre solicitude do beneficio de xustiza gratuíta, seguido por instancia de Asunción Manteiga Camafreita, representada polo procurador Antonio Romero Gómez (de oficio), contra Domingo Antonio Álvarez Noya, declarado en rebeldía, sendo parte o Ministerio Fiscal e letrado da Xunta de Galicia.

Decido que debo recoñecer e recoñezo o dereito a litigar gratuitamente a Asunción Manteiga Camafreita, con dereito ós beneficios que a lei outorga no xuízo de divorcio nº 219/1995 e tódalas súas incidencias, isto sen prexuízo do disposto no artigo 48 da Lei de axuizamento civil. Contra esta sentencia, que non é firme, cabe interpor recurso de apelación no prazo de cinco días contados a partir do seguinte día hábil ó da súa notificación. Únase testemuño desta resolución ós autos a que se refire e arquívese o orixinal no libro de sentencias que se leva neste xulgado. Así, por esta sentencia, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E en cumprimento do acordado, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, así como para a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado, e para que sirva de notificación en forma ó demandado rebelde Domingo Antonio Álvarez Noya, con domicilio descoñecido, expídese este edicto en Carballo o vintesete de novembro de mil novecentos noventa e seis.

A xuíza

Rubricado

A secretaria

Rubricado

9133