Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 1997 Páx. 543

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZAOITO DE MADRID

EDICTO (355/1985).

O secretario do Xulgado de Primeira Instancia número dezaoito dos de Madrid, fai saber que no xuízo executivo número 355/1985, promovido por Caixa Postal de Aforros, S.A., contra Isaura Iglesias Veeiro e Luis Requejo Iglesias, en reclamación de 679.375 pesetas, acordou por providencia desta data citar de remate a dita parte demandada, Luisd Requejo Iglesias, de quen se descoñece o domicilio actual, para que no termo de nove días compareza nos autos e se opoña se lle conviñer; e que se practicou xa o embargo dos seus bens, sen previo requirimento de pagamento, dado o seu ignorado para

doiro. Se non comparecese, recaerá sobre el o prexuízo a que houber lugar en dereito.

Declarouse embargada a parte legal de soldo como empregado de Marrakech Soc. Coop., con domicilio social na r/ Astrónomo Aller da localidade de Santiago de Compostela.

Dado en Madrid o sete de novembro de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

9099