Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Martes, 14 de xaneiro de 1997 Páx. 414

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 1997 pola que se fai pública a addenda ó convenio de apoio financeiro ós investimentos das pequenas e medianas empresas financiado polo Igape, o ICO e as sociedades de arrendamento financeiro.

Con esta mesma data, o Igape e 13 sociedades de arrendamento financeiro asinaron unha addenda ó convenio de apoio financeiro ós investimentos das pequenas e medianas empresas financiado polo Igape, o ICO e as sociedades de arrendamento financeiro,

co obxecto de adaptar determinadas cláusulas do dito convenio ás novas condicións establecidas polo ICO para as súas liñas de financiamento, destinadas a proxectos de investimento.

En virtude do exposto, de conformidade coa Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Igape e o seu regulamento, aprobado polo Decreto 317/1992, do 12 de novembro, e en virtude das facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

En cumprimento do disposto no artigo 78 da Lei 11/1992, do 11 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia, e co obxecto de darlle unha adecuada difusión, faise público o texto da addenda ó citado convenio, que figura como anexo.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 1997.

José Antonio Orza Fernández

Presidente do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Addenda ó convenio de apoio financeiro ós investimentos das pequenas e medianas empresas financiado polo Igape, o ICO e as sociedades de arrendamento financeiro publicado mediante resolución do 4 de xullo de 1996.

Para o obxecto de adapta-lo convenio de apoio financeiro ós investimentos das pequenas e medianas empresas financiado polo Igape, o ICO e as sociedades de arrendamento financeiro, publicado mediante resolución do 4 de xullo de 1996 no Diario Oficial de Galicia nº 142, do 19 de xullo de 1996, ás novas condicións establecidas polo ICO para as súas liñas de financiamento, destinadas a proxectos de investimento, faise necesario modificar determinadas cláusulas do citado convenio.

Así mesmo, o feito de terse esgotado os fondos da liña Pemes do ICO para o exercicio 1996, motivou que as sociedades de arrendamento financeiro formalizasen, para operacións de leasing inmobiliario e de leasing mobiliario a prazo de 5 anos, os correspondentes contratos de arrendamento financeiro con fondos das propias entidades.

Por todo iso, convense de mutuo acordo entre o Igape e a sociedade de arrendamento financeiro... as modificacións ó convenio Igape-ICO-sociedades de arrendamento financeiro, publicado mediante Resolución do 4 de xullo de 1996 no DOG nº 142, do 19 de xullo de 1996, segundo as seguintes cláusulas:

Primeira.-O último parágrafo da cláusula 4.2 queda sen efecto.

Segunda.-O texto da cláusula 7.3, «Orixe dos fondos», substitúese pola seguinte redacción:

-Para operacións de leasing inmobiliario e para operacións de leasing mobiliario a prazo de 5 anos, a orixe dos fondos será a seguinte:

a) Con carácter xeral, o 70% dos fondos para a formalización do contrato leasing serán facilitados polo

ICO ás entidades financeiras coas que teña subscrito convenio de mediación. O 30% restante do importe da operación serán fondoas da propia entidade financeira ou sociedade de arrendamento financeiro.

b) Para aquelas empresas que non cumpran a dimensión establecida na cláusula 4.1 e fosen obxecto de declaración de especial interese socioeconómico polo Igape segundo a cláusula 4.2, os fondos para a formalización dos contratos serán exclusivamente fondos da entidade financeira.

-Para os resto das operacións de leasing mobiliario, os fondos para a formalización dos contratos serán os da propia entidade financeira ou sociedade de arrendamento financeiro.

Terceira.-Engádese o seguinte texto ó último parágrafo da cláusula 7.4.1:

Para aquelas solicitudes de leasing inmobiliario e mobiliario a prazos de 5 anos para financiar parcialmente con fondos ICO, pendentes de resolución, o tipo de xuro será:

-Para leasing mobiliario a prazo igual a 5 anos:

* Fondos facilitados directamente pola entidade de leasing: tipo de xuro variable semestralmente. O tipo de tarifa será, para o primeiro semestre de vixencia do contrato, o Mibor a 6 meses do día anterior á formalización máis ata 1,50 puntos. A partir do primeiro semestre de vixencia do contrato será o Mibor a 6 meses que se reflicta na pantalla Mibor ás 11 horas desde día, e así sucesivamente para cada período semestral de duración do contrato, máis un adicional de ata 1,50 puntos. Se o tipo de tarifa resultase con varios decimales redondearase ata a máis próxima vixésima parte do punto.

* Fondos facilitados polo ICO: tipo de xuro variable, que será o que se obteña de sumarlle ó tipo de cesión do ICO a marxe da intermediación da entidade financeira prestamista de ata 1,25 puntos porcentuais de xuro. O tipo de xuro anterior revisarase cada semestre, de acordo, ou ó tipo de cesión do ICO, ó que se lle aplicará a marxe de intermediación da entidade financeira de ata 1,25 puntos porcentuais de xuro, ou ós tipos de xuro establecidos pola entidade financeira prestamista nos contratos subsidiarios, con base exclusiva no Mibor a 6 meses (TAE) coas súas propias referencias e datas de revisión máis ata 0,50 puntos porcentuais.

-Para leasing inmobiliario:

* Fondos facilitados directamente pola entidade de leasing: tipo de xuro variable semestralmente. O tipo de tarifa será, para o primeiro semestre de vixencia do contrato, o Mibor a 6 meses do día anterior á formalización máis ata 1,50 puntos. A partir do primeiro semestre de vixencia do contrato será o Mibor a 6 meses que se reflicta na pantalla Mibor ás 11 horas dese día, e así sucesivamente para cada período semestral de duración do contrato, máis un adicional de ata 1,50 puntos. Se o tipo de tarifa resultase con

varios decimais redondearíase ata a máis próxima vixésima parte do punto.

* Fondos facilitados polo ICO: durante os 7 primeiros anos (plazo máximo a que presta os fondos o ICO), tipo de xuro variable, que será o que se obteña de sumarlle ó tipo de cesión do ICO a marxe da intermediación da entidade financeira prestamista de ata 1,25 puntos porcentuais de xuro. O tipo de xuro anterior revisarase cada semestre, de acordo, ou ó tipo de cesión do ICO, ó que se lle aplicará a marxe de intermediación da entidade financeira de ata 1,25 puntos porcentuais de xuro, ou ós tipos de xuro establecidos pola entidade financeira prestamista nos contratos subsidiarios, con base exclusiva no Mibor a 6 meses (TAE) coas súas propias referencias e datas de revisión máis ata 0,50 puntos porcentuais.

A partir do oitavo ano e seguintes o tipo de xuro será o aplicado para a parte financiada con fondos da entidade financeira.

As condicións financeiras sinaladas anteriormente corresponderán ó financiamento de proxectos que se realicen en zona Feder obxectivo 1. Para aquelas solicitudes de empresas que realicen investimentos en resto de España as condicións financeiras serán as sinaladas na cláusula 3ª do contrato de financiamento subscrito entre o ICO e as entidades financeiras o 23 de decembro de 1996.

Cuarta.-Como requisito imprescindible para que o Igape poida resolve-la concesión, os solicitantes daquelas operacións de leasing inmobiliario e leasing mobiliario a prazo de 5 anos que fosen xa formalizadas de acordo coa cláusula 7.4.6 do convenio con fondos 100% da propia entidade financeira como consecuencia da non dispoñibilidade de fondos ICO, deberán solicitar ó Igape, coa conformidade da entidade financeira, a validación da formalización realizada. Así mesmo, no caso de que a empresa solicitante queira adapta-lo citado contrato ás novas condicións de financiamento con fondos ICO, deberá solicitalo, a través da entidade financeira e coa conformidade desta, polo importe do saldo vivo pendente, sempre e cando a situación do proxecto investidor estea dentro do prazo establecido no contrato de financiamento subscrito entre o ICO e as entidades financeiras o 23 de decembro de 1996.

Aquelas operacións presentadas no Igape pendentes de resolución e non formalizadas, deberán solicita-la adaptación ás novas condicións financeiras do ICO, coa conformidade da entidade financeira e acompañando nova comunicación de concesión por parte desta.

Esta addenda entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 1997.

Polo IgapePola entidade financeira

José Antonio Orza Fernández

Presidente Asinado:...

165