Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Martes, 14 de xaneiro de 1997 Páx. 416

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 1997 pola que se fai pública unha addenda que modifica o convenio de apoio financeiro ós investimentos financiado polo Igape, o ICO e as entidades financeiras publicado mediante Resolución do 29 de maio de 1996.

Con esta mesma data, o Igape e diversas entidades financeiras asinaron unha addenda ó convenio de apoio financeiro ós investimentos das pequenas e mediantes empresas financiado polo Igape, o ICO e as entidades financeiras, co obxecto de adaptar determinadas cláusulas do dito convenio ás novas condicións establecidas polo ICO para as súas liñas de financiamento, destinadas a proxectos de investimento, á vista de posta á disposición das entidades financeiras de novos fondos da liña Pemes do ICO.

En virtude do exposto, de conformidade coa Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Igape e o seu regulamento, aprobado polo Decreto 317/1992, do 12 de novembro, e en virtude das facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

En cumprimento do disposto no artigo 78 da Lei 11/1992, do 11 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia, e co obxecto de darlle unha adecuada difusión, faise público o texto da addenda ó citado convenio, que figura como anexo.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 1997.

José Antonio Orza Fernández

Presidente do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Addenda ó convenio de apoio financeiro ós investimentos financiado polo Igape, o ICO e as entidades financeiras publicado mediante Resolución do 29 de maio de 1996

Téndose aberto un novo prazo de presentación de solicitudes de axuda financeira acollidas ó convenio Igape-ICO-entidades financeiras (DOG nº 123 do 24 de xuño de 1996) subscrito ó abeiro da orde da Consellería de Economía e Facenda do 18 de abril de 1996 e téndose posto á disposición das entidades financeiras novos fondos da liña Pemes do ICO, o Igape e as entidades financeiras consideran conveniente abrir un novo prazo para a presentación de solicitudes de axuda acollidas ó seu programa de investimentos, así como da-la oportunidade para aqueles solicitantes ou beneficiarios de subsidiación acollidos ó convenio Igape-entidades financeiras (DOG nº 122 do 21 de xuño de 1996) que cumpran os requisitos que se sinalan para que poidan solicita-la reconducción da súa axuda ó convenio Igape-ICO-entidades financeiras, en tanto non se esgoten as liñas de financiamento, postas polo ICO á disposición das entidades financeiras, e o Igape dispoña de crédito orzamentario suficiente.

Por todo iso e co obxecto de adapta-lo convenio Igape-ICO-entidades financeiras ás novas condicións establecidas polo ICO para as súas liñas de financiamento destinadas a proxectos de investimento, faise necesario modificar determinadas cláusulas do citado convenio.

Convense, de mutuo, acordo entre o Igape, o ICO, e a entidade financeira, en subscribi-la presente addenda ó convenio de apoio financeiro ós investimentos, financiado polo Instituto Galego de Promoción Económica, o Instituto de Crédito Oficial e as entidades financeiras publicado mediante resolución do presidente o Igape do 29 de maio de 1996 no Diario Oficial de Galicia nº 123 do 24 de xuño, coas seguintes cláusulas:

Primeira.-Ábrese un novo prazo de presentación de novas solicitudes de subsidiación para o programa de investimentos do convenio Igape-ICO-entidades financieras publicado mediante Resolución do 29 de maio de 1996 no Diario Oficial de Galicia nº 123 do 24-6-1996, que permanecerá vixente en tanto non se esgoten para cada entidade financeira participante as liñas de crédito postas á súa disposición polo ICO para esta finalidade e o Igape dispoña de crédito orzamentario suficiente.

Tanto os beneficiarios destas axudas coma os investimentos subsidiados deberán cumpri-los requisitos que se sinalan na presente addenda.

O impreso de solicitude, a documentación requirida e o procedemento de tramitación serán os establecidos no convenio Igape-ICO-entidades financeiras salvo no modificado pola presente addenda, en especial no que se refire a que a situación do proxecto investidor estea dentro do prazo establecido no apartado 3 da cláusula sexta da presente addenda e ó prazo para formaliza-los préstamos.

Segunda.-Os solicitantes e beneficiarios de axudas financeiras xa tramitadas a través do programa de investimentos do convenio Igape-entidades financeiras (DOG nº 122 do 21 de xuño de 1996) que, polas características das empresas ou polas do proxecto de investimento, cumpran tanto os requisitos establecidos no convenio Igape-ICO-entidades financeiras como os establecidos na presente addenda, poderán solicitar ó Igape, de mutuo acordo coa entidade prestamista, a reconducción ó convenio Igape-ICO-entidades financeiras, tanto da súa solicitude xa presentada como da axuda no seu caso concedida.

Terceira.-A solicitude de reconducción sinalada na cláusula anterior realizarase mediante escrito, segundo o modelo do anexo, a través da entidade financeira prestamista, acompañada da seguinte documentación:

-Comunicación de concesión do novo préstamo pola entidade financeira, segundo o modelo do anexo.

-Declaración expresa, co visto e prace da entidade financeira, de que a situación do proxecto investidor cumpre cos prazos sinalados no apartado 3 da cláusula sexta da presente addenda.

A citada documentación será presentada no Igape pola entidade financeira, para que proceda, se é o caso, a autorización de cambio do convenio solicitado. O Igape adaptará a resolución de concesión ás novas condicións financeiras do convenio Igape-ICO-entidades financeiras.

Para o caso da reconducción de operacións xa formalizadas ó abeiro do convenio Igape-entidades financeiras esta implicará a obriga de cancela-lo préstamo anterior e formalizar un novo préstamo con fondos ICO polo importe total subvencionable de acordo coa resolución de concesión inicial. O dito préstamo destinarase a cancela-la parte disposta do préstamo acollido ó convenio Igape-entidades financeiras, se é o caso, e ó pagamento pendente do investimento realizado ou pendente de realizar.

A entidade financeira enviará ó Igape, coa maior brevidade, 2 fotocopias da nova póliza ou escritura de préstamo formalizada con fondos ICO, acompañadas dunha fotocopia da póliza de préstamo, reconducido e cancelado, correspondente ó convenio Igape-entidades financeiras, e unha certificación da entidade financeira «certificación da parte disposta do préstamo», na que se fará constar ademais da data e importe cancelado, os datos do importe do investimento xustificado, a porcentaxe que representa respecto da totalidade do investimento aprobado, a parte do préstamo utilizado para o pagamento do investimento xustificado e a data valor da xustificación do investimento, que se define como a última data de pagamento do investimento xustificado na certificación. A dita certificación virá acompañada das copias cotexadas dos documentos que xustifiquen o investimento subvencionable realizado, dos medios utilizados para o seu pagamento e o extracto da contra específica.

A «certificación da parte disposta do préstamo» terá plena validez en canto medio de xustificación do investimento para efectos da liquidación da subsidiación no caso de cumpri-los requisitos establecidos na cláusula 10.2 a) do convenio Igape-entidades financeiras (DOG nº 122 do 21 de xuño de 1996) desde a data valor ata a formalización do novo préstamo. En calquera caso a certificación emitida servirá como medio de xustificación do investimento para o novo préstamo, sempre e cando cumpra os requisitos establecidos.

Cuarta.-Aquelas operacións presentadas no Igape a través do convenio Igape-ICO-entidades financeiras xa resoltas, que estean pendentes de formalizar, poderán formalizarse nas novas condicións financeiras establecidas no contrato de financiamento subscrito polo ICO e a entidade financeira o 23-12-1996, sen necesidade de nova resolución, respectando o límite máximo da marxe establecida, do 1,25, ó tipo de cesión do ICO. A entidade financeira terá que remitir ó Igape comunicación das novas condicións do préstamo acompañada de solicitude do beneficiario para formalizalo, de conformidade coas novas condicións financeiras do ICO.

Aquelas operacións presentadas no Igape a través do convenio Igape-ICO-entidades financeiras, pen

dentes do resolución e non formalizadas, deberán solicita-la adaptación ás novas condicións financeiras do ICO, coa conformidade da entidade financeira e xuntando nova comunicación de concesión do préstamo.

Quinta.-A partir da entrada en vigor desta addenda e para o obxecto de axiliza-la formalización dos novos préstamos, e unha vez verificado pola entidade financeira que cumpre os prazos relativos ó investimento e demais condicións establecidas no texto desta addenda, a entidade financeira poderá formaliza-los novos préstamos cos seus clientes, logo de presentación da solicitude no Igape.

Unha vez comunicada a correspondente resolución de reconducción polo Igape, deberán incluír un anexo á nova póliza de préstamo, intervido por fedatario público, no que se fagan consta-las características establecidas na dita resolución, no prazo máximo de 25 días a partir da data de notificación da resolución.

Sexta.-Apróbanse as seguintes modificacións ás cláusulas do convenio Igape-ICO-entidades financeiras publicado mediante Resolución do 29 de maio de 1996 no Diario Oficial de Galicia nº 123 do 24-6-1996:

1. O apartado 2 da cláusula 2ª queda sen efecto.

2. A cláusula 4ª queda redactada nos seguintes termos: o presente convenio entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e estará vixente para a presentación de novas solicitudes de préstamo e subsidiación nas entidades financeiras, así como para as solicitudes de reconducción de axudas tramitadas polo convenio Igape-entidades financeiras en tanto non se esgotase a liña de crédito posta á disposición da entidade financeira polo ICO para esta finalidade e o Igape dispoña de crédito orzamentario suficiente.

3. O apartado 2 da cláusula 5ª modifícase nos seguintes termos: os préstamos subsidiados destinaranse ó financiamento de ata un 70% do investimento que vaia realiza-lo beneficiario en activos novos productivos, excluído o imposto sobre o valor engadido (IVE). Para estes efectos admitiranse como investimentos en activos novos aqueles dos que a data de factura non sexa en ningún caso anterior a tres meses desde a data de sinatura do contrato de préstamo.

4. Modifícase a penalización por reembolso anticipado para os préstamos a tipo variable establecida no último parágrafo da cláusula 8.2 nos seguintes termos:

-Préstamos a tipo variable: 1% anual sobre os importes reembolsados por anticipado por tódolos días que falten ata o final do período semestral de xuros en curso. Se a amortización anticipada coincide coa data de revisión do tipo, non terá penalización ningunha.

-Préstamos a tipo fixo: 2,5% sobre as cantidades reembolsadas anticipadamente.

5. Modifícanse os seguintes extremos da cláusula 8.3.1.-Tipos de xuro expresado en taxa anual equivalente (TAE).

O tipo de xuro da operación, en función da modalidade da cesión de fondos ICO elixido pola entidade financeira prestamista poderá ser:

-Tipo de xuro variable (en termo TAE): inicialmente será o que se obteña de sumar ó tipo de cesión do ICO a marxe de intermediación da entidade financeira prestamista de ata 1,25 puntos porcentuais de xuro. O tipo de xuro anterior revisarase cada semestre de acordo, ben ó tipo de cesión do ICO ó que se lle aplicará a marxe de intermediación da entidade financeira de ata 1,25 puntos porcentuais de xuro, ben ós tipos de xuro establecidos pola entidade financeira prestamista nos contratos de préstamo con base exclusivamente no Mibor a 6 meses (TAE) coas súas propias referencias e datas de revisión, máis ata 0,50 puntos porcentuais.

-Tipo de xuro fixo durante toda a vida do préstamo (en termos TAE): será o que se obteña de sumar ó tipo de cesión do ICO a marxe de intermediación da entidade financeira prestamista de ata 1,25 puntos porcentuais de xuro.

O tipo resultante final será para ámbolos casos -fixo ou variable referenciado ó ICO- en termos TAE, o de cesión do ICO máis ata 1,25 puntos porcentuais.

O ICO comunicaralles quincenalmente ás entidades financeiras o tipo de partida ICO o que, diminuído en 0,75% puntos porcentuais, determinará o tipo de cesión ó que se fai referencia nos parágrafos anteriores, o que, incrementado na marxe da entidade financeira, será o que se lles deba aplicar ós préstamos que se formalicen nesa quincena.

Enténdese por Mibor a definición sinalada na terceira cláusula do contrato de financiamento asinado entre o ICO e as entidades financeiras o 23-12-1996.

As condicións financeiras sinaladas anteriormente corresponderán ó financiamento de proxectos que se realicen en zona Feder obxectivo 1. Para aquelas solicitudes de empresas que realicen investimentos en resto de España as condicións financeiras serán as sinaladas nas cláusula 3ª do contrato de financiamento subscrito entre o ICO e as entidades financeiras o 23 de decembro de 1996.

O último parágrafo desta cláusula permanece invariable.

6. Modifícase o párrafo quinto da cláusula 9.4.-«Formalización», quedando establecido o prazo máximo para a formalización do préstamo nos 25 días seguintes á notificación da resolución de concesión da axuda financeira para a formalización dos préstamos subsidiados, a partir do que se entenderá ó beneficiario renunciado nos seus dereitos, salvo autorización expresa do Igape á vista da solicitude razoada do beneficiario e coa conformidade da entidade financeira.

7. No non modificado polo presente acordo ou incompatible co seu texto as cláusulas do convenio Igape-ICO-entidades financeiras permanecerán en vigor.

O presente acordo entrará en vigor o mesmo día da súa publicación.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 1997.

Polo IgapePola entidade financeira

José Antonio Orza Fernández

Presidente Asinado:...

Modelo de comunicación concesión do préstamo

Instituto Galego de Promoción Económica (Igape)

Rfa.: Convenio Igape-ICO-96

R/ Frei Rosendo Salvado, 16 baixo

Santiago de Compostela

Moi señores nosos:

Concedido préstamo das características sinaladas ó abeiro do convenio de colaboración Igape-entidades financeiras, e acollido ós beneficios regulados polo Decreto 309/1995, do 23 de novembro, e a Orde do 18 de abril de 1996, da Consellería de Economía e Facenda, e téndose presentado a correspondente solicitude de reconducción ó convenio Igape-ICO-entidades financeiras, regulada na Resolución do 13 de xaneiro de 1997, pola que se modifica o citado convenio de apoio financeiro Igape-ICO-entidades financeiras, comunicámo-la nova concesión do préstamo.

Beneficiario

Código do programa: (i-1/96)

Nº expediente

Data da solicitude de reconducción

Oficina

Importe préstamo concedido

Novas condicións financeiras:

Prazo

Período de carencia

Tipo de xuro: fixo variable Marxe ou diferencial:

Amortización

Garantías (só se ten aval de S.G.R.)

Situación do préstamo que se quere reconducir:

Resolución de concesión de subsidiación:

Si - Data: ..........

Non

Formalización: Si - Disposto: Si Non

Non

Xuntamos orixinal da solicitude de reconducción e a declaración da situación do proxecto.

Data e sinatura,

Modelo de solicitude de reconducción ó convenio Igape-ICO-entidades financeiras

Nome ou razón social:

Nº expediente:

Entidade financeira:

Tendo presentado o día .../.../..., solicitude de axuda financeira ó abeiro do convenio Igape-entidades financeiras (DOG nº 122, do 21 de xuño de 1996) e considerando que cumpro as condicións establecidas na cláusula terceira da addenda ó convenio Igape-ICO-entidades financeiras, publicada mediante reso

lución do ... de ... de 1997, SOLICITO a reconducción da dita axuda ó convenio Igape-ICO-entidades financeiras.

Xúntase:

Declaración expresa co Vº e Pr. da entidade financeira da situación do proxecto investidor respecto dos prazos esixidos polo ICO.

Data

Sinatura do representante legal da empresa

Instituto Galego de Promoción Económica-Santiago

de Compostela

161