Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Martes, 14 de xaneiro de 1997 Páx. 381

II. AUTORIDADES E PERSOAL

SUBSTITUCIÓNS:

PRESIDENCIA

DECRETO 2/1997, do 13 de xaneiro, polo que se acorda encargar do despacho de asuntos da presidencia, durante a ausencia do seu titular, ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública.

Con motivo da viaxe do presidente da Xunta de Galicia a Bruxelas, é necesario prove-la substitución durante o tempo da súa ausencia.

Polo tanto, en uso das atribucións que me confire o artigo 26.7º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu Presidente,

DISPOÑO:

Artigo único.

Durante a ausencia do presidente da Xunta de Galicia, con motivo da súa viaxe a Bruxelas, encárgaselle ó despacho de asuntos da presidencia, desde o día catorce de xaneiro ata o seu regreso, ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública.

Santiago de Compostela, trece de xaneiro de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

0166