Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Martes, 14 de xaneiro de 1997 Páx. 381

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 13 de xaneiro de 1997 pola que se autoriza o Instituto Galego de Promoción Económica a abrir un novo prazo de presentación de solicitudes de axuda financeira acollidas ó convenio Igape - ICO-entidades financeiras.

Téndose posto á disposición das entidades financeiras novos fondos da liña Pemes do ICO, considérase conveniente abrir un novo prazo para a presentación de solicitudes de axuda acollidas ó programa de investimentos do convenio Igape-ICO-entidades financeiras, así como da-la oportunidade para aqueles solicitantes ou beneficiarios de subsidiación acollidos ó convenio Igape-entidades financeiras (DOG nº 122 do 21 de xuño de 1996) que cumpran os requisitos

que se sinalan, para que poidan solicita-la reconducción da súa axuda ó convenio Igape-ICO-entidades financeiras, en tanto non se esgoten as liñas de financiamento postas polo ICO a disposición das entidades financeiras, e o Igape dispoña de crédito orzamentario suficiente.

Por todo o exposto, en virtude das atribucións que teño conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único.-Autorízase o Igape a abrir un novo prazo de presentación de solicitudes de axuda financeira acollidas ó convenio Igape-ICO-entidades financeiras subscrito ó amparo da orde da Consellería de Economía e Facenda do 18 de abril de 1996 e publicado no Diario oficial de Galicia nº 123 con data do 24 de xuño de 1996, podendo supera-lo límite temporal sinalado no artigo 5 da mencionada orde publicada no Diario Oficial de Galicia do 2 de maio de 1996, quedando en tal caso subordinadas as concesións de axuda á existencia de créditos orzamentarios adecuados.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 1997.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

9574