Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 253 Luns, 30 de decembro de 1996 Páx. 11.983

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación das propostas de resolución, formuladas pola instructora, nos expedientes sancionadores de pesca fluvial P-106/1996 e P-147/1996.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-las propostas de resolución dos procedementos sancionadores que se instrúen por infracción da Lei 7/1992 de pesca fluvial.

O pagamento voluntario poñerá fin ó expediente. De non efectua-lo pagamento voluntario, dispoñen os interesados dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formular cantas alegacións considere pertinentes.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-8).

ANEXO

-Expediente nº: P-106/1996.

Denunciado: Francisco Saez Delgado.

Enderezo: Riera Blanca, 184-Hospitalet de LLobregat- Barcelona.

Feito denunciado: pescar con máis canas das permitidas (7) e utilizando sedelas dormentes (11), pescando 10 troitas, o 11-4-1996, no encoro de Negueira.

Precepto sancionador: Art. 33.4º e 35.5º da Lei 7/1992 de pesca fluvial.

Cualificación: grave.

Sanción: 500.001 ptas. de multa e 50.000 ptas. de indemnización.

Inhabilitación: durante un ano e un día para obte-la licencia de pesca.

Artes comisadas: devolución, logo do aboamento da sanción, para o cal se lle facilitará un escrito nesta delegación.

-Expediente nº: P-147/1996.

Denunciado: Juan Vázquez Rodríguez.

Enderezo: Xeral Mola, 2-Guitiriz-Lugo.

Feito denunciado: pescar en tramo de río acoutado, carecendo do permiso pertinente e de licencia, o 26-4-1996 no río Parga (S. Alberto).

Precepto sancionador: Art. 34.1º e 10 da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Cualificación: menos grave.

Sanción: 55.000 ptas.

Inhabilitación: durante un ano para obte-la licencia de pesca.

Artes comisadas: devolución, logo do aboamento da sanción, están depositadas no cuartel da guarda civil de Guitiriz.

Lugo, 28 de novembro de 1996.

Paloma Quiroga López

Instructora

9321