Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 253 Luns, 30 de decembro de 1996 Páx. 11.982

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se notifica o cambio de instructor nos expedientes P-106/1996 e P-147/1996, incoados por infracción á Lei de pesca fluvial e devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notíficaselles ás persoas que no anexo se mencionan, o cambio de instructor nos ditos expedientes; instruídos por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, sobre pesca fluvial de Galicia, por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Os expedientes foron incoados designando instructor destes a José Ángel Madarro Río, o cal cesou como funcionario desta delegación provincial.

Vista a Lei de réxime xurídico das administraciones públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, o Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE 9-8-1993), e demais disposicións concordantes, acórdase designar instructora a Paloma Quiroga López.

A tramitación do expediente continuará partindo da fase na que actualmente se atopa; podendo vostede promove-la recusación da nova instructora en calquera momento da tramitación do procedemento, de acordo co disposto nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

ANEXO

Expediente: P-106/1996.

Denunciado: Francisco Sáez Delgado.

DNI:73.920.581

Último domicilio coñecido: Riera Blanca, 184-Hospitalet de LLobregat-Barcelona.

Expediente: P-147/1996.

Denunciado: Juan Vázquez Rodríguez.

DNI: 33.316.283

Último domicilio coñecido: Xeral Mola, 2-Guitiriz-Lugo.

Lugo, 28 de novembro de 1996.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

9390