Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 253 Luns, 30 de decembro de 1996 Páx. 11.983

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 25 de novembro de 1996 pola que se aproba o cambio de dominio da granxa mariña de engorde de rodaballo, sita en Punta dos Remedios, Lira, Carnota (A Coruña), a favor de Stolt Sea Farm, S.A.

Visto o expediente relativo á solicitude de autorización para levar a cabo o cambio de dominio do establecemento que a continuación se menciona:

-Establecemento: granxa mariña.

-Especies: rodaballo (Psetta maxima).

-Situación: Punta dos Remedios, Lira, Carnota (A Coruña).

-Outorgamento título habilitante: 31-1-1190 (DOG nº 33, do 15-2-1190).

-Superficie de dominio privado: parcela de 150.167 m.

* Superficies naves:-Principal=1.200,00 m.-Secundaria= 360,00 m.

Total superficie= 1.560,00 m.

* Superficie cultivo:-Interior naves (preengorde)= 697,72 m.

* 84 tanques de 2 mx2 m= 333,48 m.

* 29 tanques de 4 m de diámetro= 364,24 m.

-Exterior (engorde)= 15.117,19 m.

* 43 tanques de 6 m de diámetro= 1.215,61 m.

* 177 tanques de 10 m de diámetro= 13.901,58 m.

Total superficie cultivo= 15.814,91 m.

(Segundo o plano anexo).

-Superficie de dominio público: 613 m para toma de auga de mar e desaugadoiros.

-Capacidade producción anual: 550 tm.

-Remate vixencia permiso de actividade e concesión: 15-2-2000.

-Titular: Aquazul, S.A.

-Novo titular: Stolt Sea Farm, S.A.

Considerando o disposto na Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31-5-1993) e na Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas (BOE nº 181, do 29-7-1988).

Tendo en conta que a empresa Aquazul, S.A. obtivo a autorización previa de cambio de dominio con data 2-10-1996, e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.

Tendo en conta que, con data 19-5-1995, o Ministerio de Medio Ambiente outorgou o preceptivo cambio de dominio do título concesional correspondente á ocupación dos 613 m de dominio público marítimo-terrestre.

Tendo en conta que na reunión da xunta xeral extraordinaria e universal de accionistas da entidade mercantil Promotora de Recursos Marítimos, S.A. do 19 de xullo de 1996, se adoptou por unanimidade o acordo de cambia-lo nome da sociedade pasando a denominarse Stolt Sea Farm, S.A. con NIF nº A-28.682.987, e que o dito acordo foi elevado a público mediante escritura número 1.921, do 14 de agosto de 1996, ante Carlos Pérez Budín, notario de Madrid.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, tendo en conta os informes que constan no expediente, á vista do informe do Servicio Técnico-Xurídico e por proposta da Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura, resolve:

Acceder ó solicitado outorgando á entidade mercantil Stolt Sea Farm, S.A. con CIF nº A-28.682.987 e inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no tomo 802 do arquivo, sección xeral o folio 102, folla C-6062, inscrición 21ª, a titularidade do permiso de actividade e concesión administrativa da granxa mariña de cultivo de rodaballo (Psetta maxima) sita en Punta dos Remedios, Lira-Carnota (A Coruña) outorgada a Aquazul, S.A. en data 31-1-1990, e baixo as seguintes condicións:

Primeira.-Baixo ningún concepto o titular poderá modificar ou amplia-las instalacións agás que medie autorización desta consellería.

Segunda.-O novo titular queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario e obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo na forma e prazo previstos no artigo 57 e seguintes da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativo do 27 de decembro de 1956.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 1996.

Juan Caamaño Cebreiro

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

9320