Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 253 Luns, 30 de decembro de 1996 Páx. 11.956

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 16 de decembro de 1996 pola que se publica a programación de cursos incluídos no plan autonómico de formación de formadores de formación profesional ocupacional correspondentes á programación de 1997 e pola que se establece a convocatoria pública para a participación neles.

O artigo 3 do decreto 424/1996, do 21 de novembro, polo que se regula o plan autonómico de formación de formadores de formación profesional ocupacional establece que a programación de cada provincia dos cursos incluídos no antedito plan, aprobarase polos delegados provinciais da Consellería de Familia, Muller e Xuventude no último trimestre de cada ano, publicándose, no mes de decembro, por orde desta.

Aprobada xa a programación de cursos de cada provincia, procede, agora, a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, en cumprimento daquel mandato regulamentario e proceder á apertura da convocatoria pública para a presentación das solicitudes para participar neles, así como á normalización do modelo que se vai utilizar.

Por outra banda, o propio decreto remite a unha orde o establecemento dos requisitos e criterios que hai que ter en conta para a selección dos asistentes ós cursos.

Consecuentemente, baseándose todo o anterior e facendo uso da autorización expresa contida na disposición derradeira primeira do Decreto 424/1996, do 21 de novembro, consultado o consello galego de ensinanzas técnico profesionais e o consello galego de relacións laborais, en exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Programacións provinciais.

1. Os cursos que, dentro do plan autonómico de formación de formadores de formación profesional ocupacional, se impartirán durante o exercicio de 1997 en cada provincia serán os publicados como anexo I á presente orde.

2. A convocatoria dos cursos que se van celebrar en cada provincia deberá difundirse mediante anuncio nun dos diarios de maior tirada dela e a través da súa exposición nos taboleiros de anuncios das delegacións provinciais da consellería, das oficinas de

emprego do INEM, nos centros de formación profesional ocupacional e nos centros colaboradores en materia de formación ocupacional.

3. A programación de cursos establecida no parágrafo primeiro poderá modificarse por resolución dos respectivos delegados/as provinciais da Consellería de Familia, Muller e Xuventude á vista das solicitudes presentadas.

Artigo 2º.-Solicitudes.

1. Os interesados en participar nalgunha das accións previstas no artigo anterior deberán presenta-la súa solicitude, no modelo normalizado que se publica como anexo II á presente orde, na delegación da Consellería de Familia, Muller e Xuventude correspondente á provincia na que pretendan realiza-lo curso.

2. Á solicitude deberá xuntarse a documentación acreditativa dos extremos sinalados no artigo seguinte.

3. As solicitudes poderán presentarse desde o día seguinte á publicación da presente orde durante todo o ano e ata 15 días naturais antes da data de celebración de cada curso programado.

Artigo 3º.-Requisitos e criterios de selección de alumnos.

1. Para a selección dos asistentes de entre os formadores dos centros colaboradores, sera necesario o cumprimento dalgún dos seguintes requisitos:

a) Estar en posesión da titulación académica esixida nos correspondentes programas validados polo Consello Xeral de Formación Profesional ou, en caso de non existir, F.P.II ou equivalente e ter 2 anos de experiencia profesional na especialidade ou especialidades nas que o aspirante imparte cursos, acreditada a través de certificación oficial de vida laboral.

b) Dispoñer de graduado escolar ou equivalente e un mínimo de 5 anos de experiencia profesional na especialidade ou especialidades nas que o aspirante imparte cursos, acreditada na forma prevista na alínea anterior.

2. Ademais dos requisitos de obrigado cumprimento que acaban de enunciarse, valoraranse, co fin de establece-la orde de prelación dos candidatos, os seguintes aspectos:

a) A experiencia profesional durante os ultimos dez anos na especialidade ou especialidades nas que o aspirante imparte cursos, valorándose con tres puntos cada ano acreditado na forma prevista no parágrafo primeiro.

b) As aptitudes e actitudes pedagóxicas dos aspirantes, valorándose de cero a tres puntos a través da realización das probas pertinentes polos técnicos integrantes da Rede de Formación de Formadores.

c) A impartición de cursos de formación ocupacional, valorándose medio punto por cada cincuenta horas impartidas, acreditada a través de certificación do responsable das entidades impartidoras.

4. A selección definitiva dos alumnos asistentes ós cursos realizarase por resolución do respectivo delegado/a provincial da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, notificándose persoalmente ós interesados.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o director xeral de Formación e Emprego para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións e instruccións necesarias para o desenvolvemento e execución da presente disposición.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 1996.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia, Muller e Xuventude

ANEXO I

Programación cursos formación formadores 1997

Clave

de curso

LocalidadeDatasHorario

C-1AmesAbril.-MaioManán
C-2AmesXuño.-XulloManán
C-3AmesOut.-Nov.Tarde
C-4FerrolAbril.-MaioManán
C-5FerrolXuño.-XulloManán
C-6FerrolOut.-Nov.Tarde
C-7Sen determinarAbril.-MaioManán
C-8Sen determinarXuño.-XulloManán
C-9Sen determinarOut.-Nov.Tarde
LU-1LugoXaneiro.-MarzoManán
LU-2LugoXaneiro.-MarzoManán
LU-3LugoAbril.-XuñoManán
LU-4LugoAbril.-XuñoManán
LU-5LugoOut.-Decem.Manán
LU-6LugoOut.-Decem.Manán
OU-1OurenseFebreiro.-AbrilManán
OU-2OurenseFebreiro.-AbrilTarde
OU-3OurenseMaio.-XuñoManán
OU-4OurenseMaio.-XuñoTarde
OU-5OurenseXullo.-Out.Manán
OU-6OurenseXullo.-Out.Tarde
OU-7OurenseNov.-Decem.Manán
OU-8OurenseNov.-Decem.Tarde
PO-1VigoXaneiro.-Febreir.Manán
PO-2VigoFebreir.-AbrilManán
PO-3VigoXaneiro.-Marzo Tarde
PO-4PontevedraXaneiro.-MarzoManán
PO-5A EstradaMarzo.-MaioManán
PO-6VigoAbril.-MaioManán
PO-7TuiMarzo.-MaioTarde
PO-8VigoMaio.-XulloManán
PO-9VigoSetem.-Out.Manán
PO-10Vilagarcía

de Arousa

Setem.-Out.Tarde
PO-11VigoOut.-Decem.Manán
PO-12A EstradaOut.-Decem.Tarde

9460