Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 253 Luns, 30 de decembro de 1996 Páx. 11.954

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa Industria Transformadora y Encuadernadora de Plásticos de Galicia, S.L. (IBERPLAS, S.L.).

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Industria transformadora y encuadernadora de plásticos de Galicia, S.L. (IBERPLAS, S.L.), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 15-11-1996, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polos delegados de persoal, o 13-11-1996. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que se atopa nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 18 de novembro de 1996.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo da empresa Industria Transformadora y Encuadernadora de Plásticos de Galicia, S.L. (IBERPLAS; S.L.)

TÍTULO I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

O ámbito territorial do presente convenio comprende o centro de traballo da empresa Industria Transformadora y Encuadernadora de Plásticos de Galicia, S.L. (IBERPLAS, S.L), situada actualmente no concello de Vigo.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

O presente convenio regulará as relacións laborais entre a empresa Industria Transformadora y Encuadernadora de Plásticos de Galicia, S.L. (IBERPLAS, S.L), e tódolos traballadores que presten os seus servicios nela.

Artigo 3º.-Vixencia.

A vixencia do presente convenio será do 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 1996.

Artigo 4º.-Prórroga.

Extinguido o período de vixencia, o convenio entenderase prorrogado de ano en ano, salvo que algunha das partes que o subscriben o denuncien cunha antelación mínima dun mes á extinción da súa vixencia ou algunha das súas prórrogas.

Artigo 5º.-Condicións máis beneficiosas.

A empresa respectará as condicións máis beneficiosas ás establecidas no presente convenio, que individual ou colectivamente viñese desfrutando o persoal, á entrada en vigor del, agás o aumento salarial voluntario que poderá ser absorbido cando se produza un cambio de categoría ou a terminación do contrato de aprendizaxe.

Artigo 6º.-Comisión de seguimento e interpretación (paritaria).

Durante a vixencia do presente convenio actuará unha comisión de seguimento e interpretación que, sen prexuízo das atribucións que en cuestión de vixencia teñen os delegados de persoal, terá por funcións:

a) Vixencia do cumprimento do pactado.

b) Actuar como órgano de interpretación, arbitraxe e conciliación, sen prexuízo da posibilidade de reclamación perante a xurisdicción administrativa e contenciosa prevista na lexislación vixente.

c) A comisión estará composta polo delegado de persoal e un representante da empresa. O representante da empresa será de libre elección por esta.

Artigo 7º.-Vinculación á totalidade.

As condicións aquí acordadas forman un todo orgánico e indivisible e para efectos da súa práctica serán considerados globalmente.

Artigo 8º.-Xornada laboral.

Do 1 de outubro ó 31 de marzo: de 9 a 13.30; de 16 a 19.30.

Do 1 de abril ó 30 de setembro: primeira quenda, de 7.30 a 14.30; segunda quenda, de 14.30 a 21.30; terceira quenda, de 8.30 a 13.30.

Haberá un día retribuído pola empresa, en concepto de ponte só para o presente convenio do ano 1996: 26 de xullo.

No horario de verán contabilizaranse 15 minutos de descanso como tempo efectivo de traballo e non recuperable, con excepción do sábado, durante a vixencia do presente convenio de 1996.

Artigo 9º.-Vacacións.

As vacacións serán desfrutadas 15 días no verán e 15 días no inverno.

Artigo 10º.-Licencias e permisos.

a) Matrimonio: 18 días.

b) Nacemento de fillo: 3 días, mínimo 2 días laborables.

c) Matrimonio de pais ou fillos: 1 día laborable.

d) Falecemento ou enfermidade do cónxuxe: 4 días, mínimo 3 días laborables.

e) Falecemento ou enfermidade grave de pais ou fillos: 3 días, mínimo 2 días laborables.

f) Falecemento ou enfermidade grave de pais políticos: 2 días, mínimo 1 día laborable.

g) Falecemento ou enfermidade grave de avós ou netos: 2 días.

h) Falecemento ou enfermidade de irmáns lexítimos ou políticos: 2 días naturais.

i) Falecemento ou enfermidade grave de tíos: 1 día laborable.

j) Traslado de domicilio: 1 día laborable.

Cando ocorra a máis de 150 Km do domicilio ampliarase nun día, que será xustificado.

Artigo 11º.-Roupas de traballo.

Entregarase unha bata de verán do 15 ó 31 de marzo, e unha bata de inverno do 15 ó 31 de outubro cada 2 anos.

Se por calquera circunstancia as batas se deteriorasen, entregarase unha nova e deberá ser devolta a deteriorada.

Ó persoal contratado entregaránselle 2 batas ó inicio da súa relación laboral.

Artigo 12º.-Contratos de aprendizaxe, prácticas e eventuais.

Poderanse elaborar contratos de aprendizaxe e en prácticas polo tempo máximo permitido pola lei.

Á súa finalización, o traballador afectado por este tipo de contratación percibirá unha indemnización de 12 días por ano de servicio, sempre e cando o cesamento o decidise a empresa (esta cobrarase a partir dun ano na empresa).

No caso de que o traballador cesase voluntariamente non percibirá a citada indemnización.

Cando se celebren contratos ó amparo do artigo 15 do apartado b da Lei 11/1994, do 19 de maio, BOE nº 112 do 23 de maio, estes poderán ter unha duración máxima de 12 meses dentro dun período de 15 meses.

Artigo 13º.-Traslado.

No suposto de que a empresa pretenda trasladarse de lugar, estará obrigada a comunicárllelo ós representantes dos traballadores, como mínimo, cun mes

de antelación, informando do lugar onde se proxecta traslada-la factoría.

Artigo 14º.-Seguridade e hixiene.

Crearase unha comisión de seguridade e hixiene formada por un membro da dirección da empresa, dun membro do comité de empresa ou delegado de persoal e un traballador da empresa.

O traballador da empresa para a comisión de seguridade e hixiene será elixido polos traballadores dela mediante votación e non poderá ser membro do comité de empresa ou delegados/as de persoal.

Artigo 15º.-Clasificación profesional.

Os traballadores afectados polo presente convenio serán clasificados nas seguintes categorías profesionais:

-Persoal de fábrica.

Encargado.

Responsable de zona.

Oficial de 1ª.

Oficial de 2ª.

Oficial de 3ª.

Especialista.

Peón.

Aprendiz 1º ano.

Aprendiz 2º ano.

Aprendiz 3º ano.

-Persoal administrativo.

Oficial administrativo 1ª.

Oficial administrativo 2ª.

Oficial administrativo 3ª.

Auxiliar administrativo.

TÍTULO II

Aspectos sociais

Artigo 16º.-Quilometraxe.

Darase un plus de quilometraxe a razón de 33 ptas/Km a aqueles traballadores da empresa cando realicen algún servicio para ela cun vehículo particular, con excepción dos vendedores.

TÍTULO III

Conceptos económicos

Artigo 17º.-Plus de puntualidade e plus de asistencia.

En caso de incapacidade laboral e sempre que esta supere os 20 días, o traballador, cando se incorpore ó seu posto de traballo, percibirá a parte proporcional do plus de puntulidade e asistencia correspondente ós días traballados.

Artigo 18º.-Aumento salarial e táboas salariais.

No ano 1996 o incremento salarial supón un 3,5%, tanto nos salarios como no plus de puntualidade e asistencia.

Se o 31-12-1996 o aumento de prezos ó consumo (IPC) fose superior ás previsións do Goberno, efectuarase a revisión salarial na diferencia entre a previsión gobernamental e o IPC oficial unha vez cons

tatado este con carácter retroactivo desde o 1-1-1996 ata o 31-12-1996.

Artigo 19º.-Plus de antigüidade.

Cobraranse trienios sucesivos do 5% cada un sobre o salario base ata o máximo permitido pola lei.

Artigo 20º.-Gratificacións extraordinarias.

Aboaranse dúas pagas de 30 días de salario máis antigüidade e retribución voluntaria, se é o caso, a todo o persoal.

A data límite será do 15 ó 30 de xullo para a de verán e do 15 ó 20 de decembro para a de inverno.

Aboarase outra paga de beneficios de 29 días para o ano 1995; a data de pagamento será do 15 ó 20 de marzo.

Artigo 21º.-Baixas de accidente.

En caso de incapacidade laboral derivada de accidente de traballo, a empresa aboaralle ó traballador afectado a diferencia existente entre o seu salario real e as prestacións que perciba da Seguridade Social desde o mesmo día de ocorrer aquela, sempre que o accidente se produza dentro da propia empresa.

TÍTULO IV

Conceptos legais.

Artigo 22º.-Lexislación aplicable.

No que non está expresamente disposto neste convenio, haberá que se ater ó que determine o Estatuto dos traballadores, Lei orgánica de liberdade sindical e demais disposicións concordantes.

Artigo 23º.-Comisión negociadora.

Este convenio foi negociado entre a dirección da empresa, Roberto García Abalde e a traballadora Monserrat Costoya Delgado.

Táboa salarial

CategoríasSalario basePlus punt.

e asist.

Total

Responsable de fábrica109.6204.416114.036
Responsable de zonaPercibirá o 5% máis do salario que tivera na categoría profesional
Oficial 1ª93.3544.10597.459
Oficial 2ª87.7593.99891.757
Oficial 3ª82.4503.89786.347
Especialista77.7183.80581.523
Peón72.6773.71576.392
Aprendiz 1º ano49.0753.25952.334
Aprendiz 2º ano52.3223.25955.581
Aprendiz 3º ano58.8633.25962.122
Oficial administrativo 1ª94.3154.13098.445
Oficial administrativo 2ª90.6354.04194.676

CategoríasSalario basePlus punt.

e asist.

Total

Oficial administrativo 3ª84.6493.93888.587
Auxiliar administrativo80.2543.85584.109

96-9585