Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Venres, 27 de decembro de 1996 Páx. 11.900

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 1996, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, pola que se cesa a sociedade de caza Paraveche na súa condición de adxudicataria da zona de Santiago de Compostela-Paraveche incluída na zona de caza controlada de Santiago de Compostela.

Visto o prego de condicións que regula o control e desfrute da caza nos terreos sometidos ó réxime de caza controlada de Santiago de Compostela, e a resolución do 22 de xulllo de 1992, desta dirección xeral pola que se adxudica á sociedade de caza Paraveche, o control e desfrute da caza na zona de Santiago de Compostela-Paraveche da zona de caza controlada de Santiago de Compostela, que abrangue exclusivamente as parroquias de Laraño, Villestro e Figueiras.

Vistos os informes e actuacións do Servicio de Medio Ambiente Natural da Coruña, así como os realizados por esta Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, na tramitación do expediente iniciado á sociedade de caza Paraveche con data 18 de xaneiro de 1996, como consecuencia da sinalización que de xeito irregular mantén a dita sociedade, nas parroquias de Vidán, San Fructuoso e San Xoán de Afora.

Vista a disposición derradeira da Orde do 31 de xullo de 1996, da Consellería de Agricutura, Gandería e Montes, pola que se determinan as épocas hábiles de caza durante a temporada 1996-1997, na que se faculta o director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural para dicta-las normas necesarias para o desenvolvemento e aplicación da devandita orde.

RESOLVO:

Primeiro.-Cesar con carácter definitivo na condición de adxudicataria da zona de Santiago de Compostela-Paraveche incluída na zona de caza controlada de Santiago de Compostela á sociedade de caza Paraveche; así mesmo o expediente será remitido ó Servicio de Medio Ambiente Natural da Coruña para que, de acordo co establecido no artigo 16 do Regulamento de caza, sexa oído o Comité Provincial de Caza antes de que esta dirección xeral resolva sobre a desafectación dos devanditos terreos da zona Santiago de Compostela-Paraveche do réxime de caza controlada.

Segundo.-Retira-la condición de sociedade colaboradora á sociedade de caza Paraveche.

Terceiro.-Declarar de xeito excepcional a veda dos terreos incluídos na zona Santiago de Compostela-Paraveche da zona de caza controlada de Santiago de Compostela, adxudicados á sociedade de caza Paraveche, por resolución desta dirección xeral do 22 de xullo de 1992, que incluían a superficie correspondente ás parroquias de Laraño, Villestro e Figueiras, do concello de Santiago de Compostela.

A duración da veda terá efectos ata que se resolva sobre a desafectación dos devanditos terreos do réxime de caza controlada, de acordo co establecido nos artigos 16.10º e 16.11º do vixente Regulamento de caza. A veda suporá a prohibición do exercicio de calquera actividade cinexética en tódalas súas modalidades, incluídos o adestramento de cans, a celebración de xornadas de caza intensiva, competicións, soltas de animais ou calquera outra relacionada co exercicio da actividade cinexética.

Contra esta resolución, e de conformidade co disposto no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, cabe a interposición de recurso ordinario perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da recepción da presente resolución.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 1996.

Tomás Fernández-Couto Juanas

Director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural

9215