Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Venres, 27 de decembro de 1996 Páx. 11.899

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 1996, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autoriza a instalación da subestación transformadora de enerxía eléctrica 132/20 kV da Rúa (Ourense) e se aproba o seu proxecto de execución. (Expediente 95/105-3).

Vistos os escritos e a documentación presentados ante a Delegación Provincial da en Ourense pola empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio para efectos de notificación na rúa Fernando Macías, nº 2 da Coruña e tendo en conta os seguintes,

Feitos.

Primeiro.-Nos ditos escritos, a citada empresa solicitou autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da subestación de transformación de enerxía eléctrica -132/20 KV- para situar no lugar de Fontei, concello da Rúa (Ourense), (expediente nº 95/105-3), para efecto do cal xunta os preceptivos anteproxecto e proxecto de instalacións a que fan referencia os artigos 8 e 12 do Decreto 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas.

As características ténicas básicas da instalación serán as seguintes:

-Subestación transformadora composta por un simple xogo de barras en 132 KV, 2 posicións de liña e 1 posición de transformador a 15 MVA 132/20 KV, incluíndo medida de tensión en barras. A parte de 20 KV será de barra simple, e constará de 1 posición de transformador, 5 posicións de liña, 1 posición de servicios auxiliares con 50 KVA, 20 KV/380-220 V, e unha posición de batería de condensadores. Medida de tensión en barras. A subestación quedará preparada para unha futura ampliación de 1 cela de liña 132 KV e 2 celas de liña a 20 KV.

Segundo.-De conformidade co establecido no artigo 9 do citado Decreto 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, aplicable ó presente expediente en virtude do que establece a disposición transitoria primeira da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional, mediante resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Ourense do 26-3-1996, publicada no DOG do 25-4-1996 e no BOP de Ourense do 15-2-1996; durante o período en que se someteu a trámite de información pública non se formuló ningunha alegación.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é a competente para resolver este expediente con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, no Decreto 132/1982, do 4 de novembro e no Decreto 209/1990, do 15 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica

da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 140/1991, do 2 de maio, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas.

Segundo.-A solicitude deste expediente recibiu o informe da Delegación Provincial de Ourense, observándose na súa tramitación tódalas formalidades legais.

Vistos os preceptos legais citados e os demais de pertinente e xeral aplicación, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Autorizar a Unión Eléctrica Fenosa, S.A. a instalación e aproba-lo proxecto de execución da subestación de transformación de enerxía eléctrica -132/20 kV- que se situará no lugar de Fontei, no concello da Rúa (Ourense).

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso ordinario, perante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado desde a sua publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto no artigo nº 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 1996.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

9527