Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Venres, 27 de decembro de 1996 Páx. 11.898

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 1996 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e forma de adxudicación de concurso público con tramitación urxente, de dous contratos de consultoría e asistencia.

A Secretaría Xeral para o Deporte, ultimados os trámites administrativos pertinentes, resolveu anuncia-lo procedemento de adxudicación do contrato ó que se refire a presente resolución e que posúe as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora.

A Xunta de Galicia por medio da súa Secretaría Xeral para o Deporte.

2. Obxecto do contrato.

Servicios técnicos de colaboración no estudio e control de proxectos técnicos de obras e a dirección, supervisión e control da execución de obras e instalacións deportivas, por medio de arquitecto superior.

a) Lugar de execución: os traballos terán como base para os eu desenvolvemento a sede da Secretaría Xeral para o Deporte, en Santiago de Compostela.

b) Prazo de execución: seis (6) meses, sen prexuízo da súa posterior prórroga.

c) Orzamento base de licitación: tres millóns duascentas cincuenta e dúas mil seiscentas cincuenta e oito pesetas, IVE incluído (3.252.658 ptas.).

d) Garantía provisional: 65.053 pesetas.

e) Garantía definitiva: 130.106 pesetas.

f) Adxudicación: a adxudicación do presente contrato queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente no orzamento xeral de gastos da Secretaría Xeral para o Deporte, para 1997.

3. Obxecto de contrato.

Servicios técnicos complementarios para a toma de datos e seguimento dos plans e programas de investimento da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

a) Lugar de execución: os traballos terán como base para o seu desenvolvemento a sede da Secretaría Xeral para o Deporte, en Santiago de Compostela.

b) Prazo de execución: seis (6) meses, sen prexuízo da súa posterior prórroga.

c) Orzamento base de licitación: tres millóns oitocentas mil pesetas, IVE incluído, (3.800.000 ptas.).

d) Garantía provisional: 76.000 pesetas.

e) Garantía definitiva: 152.000 pesetas.

f) Adxudicación: a adxudicación do presente contrato queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente no orzamento xeral de gastos da Secretaría Xeral para o Deporte, para 1997.

4. Outros requisitos.

Tódolos consignados no prego de cláusulas administrativas particulares e sinaladamente os esixidos no artigo 80.2º e) da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

5. Obtención de documentación e información.

No servicio de Contratación e Xestión Económica da Secretaría Xeral para o Deporte. (Estadio multiusos de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela. Teléfono 54 26 26. Fax 54 26 39).

6. Presentación de ofertas.

a) Data límite: ás 14 horas do décimo terceiro (13) día natural posterior ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: a requirida polo prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o rexistro de documentos da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio multiusos de San Lázaro, 15890, Santiago de Compostela. Fax (981) 54 26 39), ou no xeral da Xunta de Galicia (edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela), ou de acordo cos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

d) Admisión de variantes: non admisibles.

7. Apertura de ofertas.

Levarase a cabo ás 9.30 horas do quinto día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas, que non sexa sábado, na sala de xuntas da Secretaría Xeral para o Deporte (estadio multiusos San Lázaro, 15890 Santiago de Compostela).

8. Gastos de anuncios.

Será por conta do adxudicatario o custo da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e, se é o caso, da inserción do seu extracto nos medios de comunicación escrita.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 1996.

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte

9183