Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Venres, 27 de decembro de 1996 Páx. 11.897

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 1996, da Secretaría Xeral para o Turismo, pola que se fai pública a adxudicación de contratos de obras por concurso público, procedemento aberto e trámite de urxencia.

Esta secretaría en cumprimento do disposto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, fai pública a adxudicación dos contratos de obras por concurso público, procedemento aberto e tramitación urxente, anunciadas por Resolución do 6 de novembro de 1996, da Secretaría Xeral para o Turismo (DOG nº 220, do 11 de novembro):

1. Restauración parcial III e rehabilitación completa do Castelo de Monterrei, en Monterrei (Ourense).

Sistema de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e trámite de urxencia.

Importe: cincuenta e nove millóns oitocentas mil pesetas (59.800.000) IVE incluído.

Adxudicatario: Copasa/Mascareñas (UTE).

Data da adxudicación: 29-11-1996.

2. Restauración da fortaleza de Maceda, fases II, III e IV, en Maceda (Ourense).

Sistema de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e trámite de urxencia.

Importe: corenta e oito millóns cincocentas cincuenta mil cento sesenta e unha pesetas (48.550.161) IVE incluído.

Adxudicatario: Construcciones San José.

Data da adxudicación: 29-11-1996.

3. Restauración da igrexa de Santa María de Marzá en Palas de Rei (Lugo).

Sistema de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e trámite de urxencia.

Importe: oito millóns setenta e dúas mil oitocentas catro pesetas (8.072.804) IVE incluído.

Adxudicatario: Reconsa.

Data da adxudicación: 29-11-1996.

4. Rehabilitación da casa rectoral do mosteiro de San Xusto de Toxosoutos, en Lousame (A Coruña).

Sistema de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e trámite de urxencia.

Importe: sesenta e un millóns catrocentas trinta e catro mil vintecinco pesetas (61.434.025) IVE incluído.

Adxudicatario: José Malvar, S.A.

Data da adxudicación: 29-11-1996.

5. Restauración e consolidación estructural da igrexa de Guimarei, en Friol (Lugo).

Sistema de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e trámite de urxencia.

Importe: corenta millóns catrocentas setenta e tres mil seiscentas setenta e dúas pesetas (40.473.672) IVE incluído.

Adxudicatario: Reconsa.

Data da adxudicación: 29-11-1996.

6. Remodelación do edificio do semáforo para aloxamento turístico, 1ª fase, en Fisterra (A Coruña).

Sistema de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e trámite de urxencia.

Importe: trinta e seis millóns trece mil pesetas (36.013.000) IVE incluído.

Adxudicatario: Extraco.

Data da adxudicación: 29-11-1996.

7. Posta en valor do contorno do faro de Fisterra e II fase de rehabilitación do edificio do semáforo, en Fisterra (A Coruña).

Sistema de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e trámite de urxencia.

Importe: trinta e catro millóns cento dezanove mil pesetas (34.119.000) IVE incluído.

Adxudicatario: Extraco.

Data da adxudicación: 29-11-1996.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 1996.

Rubén Víctor Lois Calviño

Secretario xeral para o Turismo

9530