Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Venres, 27 de decembro de 1996 Páx. 11.901

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 22 de novembro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da resolución formulada no expediente sancionador de epizootias LU-209/1996, devolta polo servicio de correos por atoparse ausente nas horas de reparto o seu destinatario.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado, cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinala a continuación, a resolución do correspondente expediente sancionador polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Lugo, contra a que poderá interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes no prazo de un mes, contado a partir do día seguinte ó desta publicación.

No caso de conformidade con esta resolución, o pagamento da sanción deberase facer efectiva no prazo de vinte (20) días mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro de Facenda Galega; conta restrinxida de recadación de multas e sancións:

Nº 311-152-116/7-Caixa Galicia, oficina principal Lugo.

ANEXO

Expediente: LU-209/1996.

Denunciado: Manuel Fernández Guerrero.

DNI nº: 04144595.

Último enderezo coñecido: r/ Galicia, 32-Cacabelos-León.

Feito denunciado: transporta-lo día 19 de maio de 1996, no automóbil Renault 4-F6-A, dous animais porcinos desde Becerreá ata Cacabelos-León, e carecer de guía de orixe e sanidade pecuaria.

Tipificación da infracción: Regulamento de epizootias.

-Precepto infrinxido: artigo 32.

-Precepto sancionador: artigo 212.

-Sanción imposta: 10.000 pesetas.

Lugo, 22 de novembro de 1996.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado Provincial de Lugo

9240