Visto o expediente de cambio de dominio que a a continuación se menciona, instruído a efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e
do establecemento que a apoia; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio), e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.
Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:
Nome da batea: Montenegro número 2.
Cutivo: mexillón.
Localización: cuadrícula número 207, Vilagarcía de Arousa A.
Data da concesión: 19-6-1978.
Data do remate da última prórroga: 10-8-1998.
Anterior concesionario: Barros Cuervo, S.L.
Novos titulares da concesión: Gondar Muñiz, José Antonio e Dios Fernández, Dolores.
Os novos concesionarios quedan subrogados nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lles sexan aplicables e de categoría suficiente.
Vigo, 22 de novembro de 1996.
José M. Gabeiras Vérez
Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)
9241