Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Xoves, 26 de decembro de 1996 Páx. 11.839

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 2 de decembro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da incoación dos expedientes sancionadores de protección de animais e de epizootias LU-312/1996 e 351/1996, devoltas polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle

ó denunciado cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinala a continuación a notificación de incoación de expediente sancionador polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Lugo.

Noméase instructor do procedemento a Mauricio Alonso Troncoso e secretaria a Mª Jesús Fernández Martínez, funcionarios desta delegación provincial. A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.

O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta cédula para que poida examina-lo expediente nesta delegación provincial, situada na Ronda de la Muralla, 197, para presenta-lo descargo e documentos que considere convenientes na súa defensa. Así como para a recusación das persoas designadas como instructor e secretario en calquera momento da tramitación do expediente.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial.

Lugo, 2 de decembro de 1996.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Precepto

ExpedienteDenunciado

Último enderezo coñecido

Feito denunciadoInfrinxidoSancionadorSanción

proposta

Instructor

LU-312/96Eriberto Fariña López

r/ Álvaro Cunqueiro, 20

Foz-Lugo

Dedicarse á cría de cans na súa vivenda.Artigos 3 a), b), c), d), e) e f), 7.1.2.3. e 8.1 da Lei de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade.Artigos 20 e 21 da Lei de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade.De 50.001 a 500.000 pesetas.Mauricio Alonso

Troncoso

LU-351/96Alfredo Fernández López

DNI: 09978709

Cortiguera-León

Transportar animais no remolque do vehículo matrícula LE-6381-X sen telo inscrito para este fin.Artigo 52 do regulamento da Lei de epizootiasArtigo 215 do regulamento da Lei de epizootiasDe 2.500 a 100.000 pesetasMauricio Alonso

Troncoso

9333