Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Xoves, 26 de decembro de 1996 Páx. 11.840

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 2 de decembro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da proposta de resolución formulada no expediente sancionador de epizootias LU-191/1996, por encontrarse ausente nas horas de reparto o seu destinatario.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado cos datos persoais e último enderezo coñecido, que con esta data se formula a correspondente proposta de resolución no expediente sancionador que se instrúe, por infracción á Lei de epizootias de 1952 e o seu Regulamento de 1955 (modificado polo R.D. 1665/1976, do 7 de maio).

O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula para que poida alegar canto considere conveniente na súa defensa.

Lugo, 2 de decembro de 1996.

Mauricio Alonso Troncoso

Instructor

ANEXO

Expediente: LU-191/1996.

Denunciado: José Luis García Mosteiro.

DNI: 32365510.

Último enderezo coñecido: Avda. Venezuela, 17-Oleiros-A Coruña.

Feito denunciado: encontrarse o día 5 de maio de 1996 no recinto feiral de Vilalba e exerce-la actividade de operador comercial de trato sen te-lo carné de tratante.

Tipificación da infracción Regulamento de epizootias:

Precepto infrinxido: artigos 65, 195 e 196.

Precepto sancionador: artigo 213.

Sanción proposta: 50.000 pesetas.

9334