Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Xoves, 26 de decembro de 1996 Páx. 11.838

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/147-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: LL.MM.TT. Folgoso-Galiñeiro Marzoa, CC.TT. 50 kVA.

Situación: concellos de Ordes-Oroso.

Características técnicas: liñas eléctricas aéreas de media tensión, a 20 kV, sobre apoios metálicos e de formigón, e conductor LA-56:

-De 3.066 m de lonxitude con orixe na liña denominada Folgoso-Altibea, en inmediacións C.T. Folgoso e final no C.T. Galiñeiro-Marzoa (substitúe a actual, expediente 15.243).

-De 1.473 m de lonxitude con orixe no 1º apoio da liña que alimenta o C.T. rúa en inmediacións C.T. Folgoso e final no apoio anterior o C.T. Altiboia (substitúe o actual, expediente 13.703).

-De 1.751 m de lonxitude con orixe no apoio do que deriva alimentación o C.T. Altiboa e final no novo

C.T. de Beán (substitúe o actual, expediente 13.703).

-De 912 m de lonxitude, con orixe no apio do que deriva alimentación o C.T., Beán.

-Centros de transformación aéreos de 50 kVA/u e tensións do 20/0,380-0,220 kV en Nouche e Beán.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 25 de novembro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9332