Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Xoves, 26 de decembro de 1996 Páx. 11.838

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

EDICTO 1/1996, sobre titularidade do predio 3 dos afectados pola expropiación forzosa feita co gallo da obra SV-SC-94.1 intersección da C-543 de Santiago de Compostela a Noia coa de Roxos a Reborido, termo municipal Santiago de Compostela.

Por resolución do Servicio Provincial de estradas da Coruña, delegación provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, de data 9 de abril de 1993, acordouse proceder ó cambio da titularidade do predio 3 dos afectados pola expropiación forzosa feita co gallo da obra de clave: SV-SC-94.1 Intersección da C-543 de Santiago de Compostela a Noia coa de Roxos a Reborido, no termo municipal de Santiago de Compostela.

Polo presente edicto, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cítase a Julio González Barros-Vilouta, con último domicilio coñecido na rúa Pisuerga, nº 6, de Madrid como representante da propiedade do citado predio, e a cantas persoas poida afecta-la indicada resolución, co fin de que no prazo de dez días, a partir da publicación deste edicto, poidan comparecer ante o Servicio Provincial de Estradas da Coruña, para os efectos de coñecer, na súa totalidade, o contido da resolución acordada e realizar, se é o caso, as actuacións que consideren procedentes.

A Coruña, 9 de decembro de 1996.

Antonio Fernández Sarasquete

Enxeñeiro xefe

9202