Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Xoves, 26 de decembro de 1996 Páx. 11.819

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

DECRETO 433/1996, do 13 de decembro, polo que se declara a urxente ocupación de bens e dereitos co obxecto de impoñe-la servidume de paso para o establecemento e conservación da liña eléctrica aérea, a 15/20 kV trazada entre a L.M.T. A Lama-Forzáns ata o centro transformador que se proxecta en Xende, concello da Lama, provincia de Pontevedra. (Expediente 95/340).

Eléctrica de Moscoso, S.L., con domicilio para efectos de notificacións na r/ Vía Norte nº 8, 7º de Vigo, solicitou desta Consellería de Industria e Comercio, a concesión dos beneficios de expropiación forzosa e a declaración de urxente ocupación dos terreos afectados pola execución do proxecto de construcción da liña eléctrica aérea, a 15/20 kV de 2.041 m de lonxitude, con conductor de LA-56, sobre apoios de formigón e metálicos, desde a L.M.T A Lama-Forzáns ata o C.T. que se proxecta en Xende, concello da Lama (Pontevedra). (Expediente 95/340).

A dita instalación autorizouse, e declarouse de utilidade pública por resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra do 26-1-1996, a cal foi obxecto de publicación, inseríndose no DOG do 23-2-1996, no BOP de Pontevedra do 21-2-1996, e no BOE do 20-2-1996. Coa mesma data foi aprobado o seu proxecto de execución.

A solicitude de urxente ocupación fíxose de acordo co disposto no artigo 31 do regulamento que desenvolve a Lei 10/1966, do 18 de marzo, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aplicable ó presente expediente en virtude do establecido pola disposición transitoria primeira da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional.

Os anuncios de información pública aberta en función desta petición, coa relación de interesados, bens e dereitos afectados, publicáronse no DOG do 17-7-1996, no BOP de Pontevedra do 26-6-1996, no xornal Diario de Pontevedra do 13-6-1996, e no taboleiro de anuncios da casa do Concello de A Lama e no da delegación provincial, ó mesmo tempo na forma regulamentaria notificouse individualmente a cada un dos interesados que figuran na dita relación, agás os propietarios dos predios números 2, 20, 22 e 24, que por ser de domicilio descoñecido, déuselle traslado das actuacións ó Ministerio Fiscal, segundo o artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

A tramitación do expediente fíxose de acordo coa Lei 10/1966, do 18 de marzo, e co seu regulamento de aplicación, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro; durante o período en que se someteu a trámite de información pública non se formulou ningunha alegación de oposición á expropiación

Unha vez efectuada, por técnicos da delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña, a inspección sobre o terreo seguindo o trazado aprobado para a instalación desta liña, puidose comprobar que nos bens afectados, sobre os que se soli

citan os beneficios de expropiación, para ós efectos da servidume, non se dan os supostos prohibitivos previstos nos artigos 6 da Lei 10/1966, do 18 de marzo, e 25 do Decreto 2619/1966, nin lle son de aplicación as limitacións do artigo 26 do dito decreto.

Coídase xustificada a urxente ocupación solicitada pola compañía Eléctrica de Moscoso, S.L. xa que con esta liña se preténde subministrar de enerxía ó centro transformador que se proxecta en Xende, partindo da L.M.T. A Lama-Forzáns co gallo de poder garanti-las máximas condicións de seguridade da subministración, calidade e regularidade na dita zona, e debido a que a imposición da servidume de paso, polo procedemento ordinario, faría imposible cumpri-los prazos previstos para estas instalacións.

Na súa virtude, e por proposta do conselleiro de Industria e Comercio, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día trece de decembro de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Artigo único.-Para os efectos previstos na Lei 10/1966, do 18 de marzo, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e no seu regulamento de aplicación, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, declárase urxente a ocupación de terreos e bens gravados coa servidume de paso imposta co alcance previsto no artigo 4 da lei citada, para realiza-la instalación proxectada e proposta por Eléctrica de Moscoso, S.L., da liña eléctrica aérea que une a L.M.T. A Lama-Forzáns co centro transformador que se proxecta en Xende, concello da Lama.

Os bens e dereitos a que afecta esta disposición sitúanse no termo municipal da Lama (Pontevedra) e son tódolos que figuran na relación presentada pola empresa solicitante dos beneficios de expropiación, que consta no expediente, o cal se someteu a información pública na forma e datas anteriormente descritas.

Santiago de Compostela, trece de decembro de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

8199