Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Xoves, 26 de decembro de 1996 Páx. 11.819

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo do sector do comercio da pel.

Visto o expediente do convenio colectivo para o sector do comercio da pel, que tivo entrada nesta

delegación provincial o día 23-10-1996, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios de Comercio da Pel, e da parte social, polas centrais sindicais CC.OO., UGT e CIG, en data 7-10-1996. De conformidade co disposto no artigo 90.2º y 3º, do Real decreto legislativo 1/1995 do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 29 de outubro de 1996.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Vigo (Pontevedra)

Convenio colectivo provincial para o sector do comercio da pel. Pontevedra

Artigo 1º.-Partes firmantes.

Son partes asinantes do presente convenio as centrais sindicais Confederación Intersindical Galega (CIG), Comisións Obreiras (CC.OO.) e a Unión Xeral de Traballadores (UGT), en representación dos traballadores e a Asociación Provincial de Empresarios del Comercio da Pel, en representación dos empresarios do sector.

Artigo 2º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio regula as relacións laborais entre empresarios e traballadores, en tódalas empresas da provincia de Pontevedra, integradas ou non en asociacións empresariais legalmente constituídas e dedicadas á actividade do comercio da pel, encadradas na ordenanza laboral do comercio.

Artigo 3º.-Vixencia.

Este convenio entrará en vigor ós dez días da súa sinatura con independencia da súa publicación no BOP, se ben os seus efectos económicos se retrotraerá ó 1 de xaneiro de 1995.

Artigo 4º.-Duración e prórrogas.

Terá unha duración de dous anos, contados a partir do 1 de xaneiro de 1995, finalizarán os seus efectos o 31 de decembro de 19976.

Non obstante, entenderase prorrogado tacitamente por períodos anuais, sempre que por calquera das partes non sexa denunciado cunha antelación mínima de tres meses antes da data do seu vencemento ou de calquera das súas prórrogas, debendo darse traslado da denuncia ás asociacións afectadas polo presente convenio.

Artigo 5º.-Condicións máis beneficiosas.

O persoal que, con anterioridade ó establecemento do presente convenio viñese desfrutando de condicións máis beneficiosas cás aquí pactadas, deberá conservalas.

Artigo 6º.-Xornada de traballo.

A xornada laboral máxima ordinaria será de corenta horas semanais de traballo efectivo que se realizarán segundo o horario de traballo seguinte:

a) Horario de verán: 1 de xuño a 30 de setembro.

-Mañás: de 9.45 a 13.30 horas.

-Tardes: de 16.30 a 20 horas.

Neste período, o presente horario de traballo realizarase de luns a sábado pola mañá, comprendendo, en consecuencia, o descanso semanal de día e medio, a tarde do sábado e o día completo do domingo, de acordo co previsto no artigo 37.1º do Estatuto dos traballadores.

Dito o anterior, cómpre sinalar que en cada establecemento o empresario poderá chegar a acordos con todos ou algúns dos seus traballadores para a prestación de servicios os sábados pola tarde; neste caso, os traballadores terán dereito ó descanso compensatorio correspondente polo traballo nas tardes deses sábados.

b) Horario para o resto do ano:

-Mañás: de 10 a 13.30 horas.

-Tardes: de 16.15 a 20 horas.

No resto do ano rexerá este horario de traballo de luns a sábado pola tarde para o que en cada empresa se fixará y descanso compensatorio polo traballo nas tardes dos sábados, segundo o previsto no Real decreto 1561/1995.

Non obstante o sinalado nos parágrafos anteriores, en cada establecemento o empresario poderá chegar a acordos con todos ou algúns traballadores, para a modificación do horario de traballo, tanto o fixado para verán como para o resto do ano.

Artigo 7º.-Horas extraordinarias.

Durante a vixencia deste convenio, as partes asinantes del acordan a supresión das horas extraordinarias habituais.

Pola contra, acórdase a realización de horas extraordinarias que veñan esixidas por necesidade de reparar sinistros e outros danos extraordinarios e urxentes, e o mantemento das que resulten necesarios por períodos de maior venda, ausencias imprevistas, cambios de quenda e outras circunstancias de carácter estructural derivadas da natureza da actividade.

Artigo 8º.-Vacacións.

O persoal afectado polo presente convenio terá dereito a 30 días ininterrompidos de vacacións anuais retribuídas, que se desfrutarán entre os meses de marzo a outubro, ámbolos dous inclusive.

Para a elección de quenda por parte dos traballadores, seguirase en cada unidade de traballo unha orde rotativa de preferencia, de tal xeito que quen tivo preferencia de elección de quenda no ano anterior é o último á hora de elixir quenda no presente ano.

Artigo 9º.-Permisos retribuídos.

Con independencia do disposto no artigo 37.3º do Estatuto dos traballadores, o persoal, logo de aviso e xustificación poderá ausentarse do traballo con dereito a remuneración por algún dos motivos seguintes:

a) 15 días naturais en caso de matrimonio.

b) 5 días naturais nos casos de nacemento de fillo.

c) Ata 5 días naturais nos casos de morte ou enterro do cónxuxe, ascendentes, descendentes ou irmáns, así como enfermidade grave do cónxuxe, pais e fillos, téndose en conta para a súa concesión os desprazamentos que o traballador teña que realizar e as demais circunstancias que en cada caso concorran.

d) Ata un máximo de tres días naturais por ano, por necesidade de atender persoalmente asuntos propios que non admitan demora, téndose en conta para iso os desprazamentos que o traballador teña que realizar e as demais circunstancias que no caso concorran.

Esta licencia, demostrada a súa indubidable necesidade, concederase no acto, sen prexuízo das sancións que se lle poidan imporse ó traballador que alegue causas que resulten falsas.

Así mesmo, o traballador terá dereito a unha licencia retribuída de dous días ó ano, sen necesidade de ser xustificada. A dita licencia non poderá ser acumulable a períodos vacacionais e deberá ser solicitada cunha antelación de 5 días, polo menos, para un deles, fixándose o segundo de acordo coas necesidades da empresa.

Esta última licencia de dous días desaparecerá automaticamente do convenio no suposto de que se produza con carácter xeral e a nivel nacional unha reducción da xornada.

Artigo 10º.-Salarios.

As retribucións salariais son, para cada un dos dous anos, as que para cada categoría se fixan nas táboas salariais anexas.

Artigo 11º.-Cláusula de revisión salarial.

No caso de que o IPC rexistrase o 31 de decembro de 1996 un incremento respecto ó 31 de decembro de 1995 superior ó 4% o dito exceso servirá de base para a negociación do ano 1997.

Para iso, no momento da negociación do convenio colectivo do ano 1997, procederase a cuantifica-lo dito exceso, calculado sobre os salarios utilizados para

realiza-los aumentos pactados pra 1996. A cuantificación do dito exceso adicionarase ós salarios vixentes ó 31 de decembro de 1996 e sobre a cantidade resultante, calcularanse os incrementos salariais para 1997.

Artigo 12º.-Antigüidade.

Os aumentos periódicos por anos de servicio consistirán en cuadrienios na contía do 5% do salario base correspondente á categoría na que está clasificado.

O cómputo da antigüidade iniciarase desde o momento en que pasen á categoría de axudante -no que se refire á dependencia mercantil propiamente dita, respectádose como mínimo o 3% sobre o salario mínimo interprofesional vixente en todo momento.

Artigo 13º.-Pagas extraordinarias.

O persoal afectado polo presente convenio percibirá anualmente tres pagas extraordinarias, polo importe dunha mensualidade completa (salario convenio máis antigüidade), cada unha delas nas seguintes datas: 1 de marzo (paga de beneficios), xullo e Nadal.

Artigo 14º.-Plus de transporte.

Para o primeiro e segundo ano de vixencia do convenio establécense para todo o persoal das empresas afectadas por este, un plus de transporte de 6.752 e 7009 pesetas mensuais respectivamente, que serán aboadas en cada un dos doce meses do ano a que corresponden.

Artigo 15º.-Incapacidade temporal.

Durante as situacións de incapacidade temporal derivadas de enfermidade ou accidente debidamente xustificados, as empresas completarán as prestacións económicas ata o importe íntegro das retribucións do convenio.

Artigo 16º.-Xubilación.

As empresas e traballadores poderán pactar, logo da existencia de común acordo por ámbalas partes, xubilacións anticipadas ós 64 anos, de conformidade co disposto no Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo, debendo as empresas cubri-las ditas vacantes con calquera traballador inscrito como demandante en oficinas de emprego.

Artigo 17º.-Excedencia por maternidade.

As traballadoras que, como consecuencia do nacemento de fillo e para atende-lo seu coidado, soliciten un período de excedencia non superior a un ano, contado desde a terminación do descanso de maternidade a que se refire o nº 3 do artigo 46 do Estatuto dos traballadores, terán dereito á reserva do posto de traballo e á reincorporación a el, unha vez finalizada a excedencia, sempre que soliciten o reingreso cun mes de antelación ó termo desta.

Artigo 18º.-Axuda por xubilación.

Ó producirse a xubilación dun traballador con máis de vinte anos de servicio na empresa, recibirá dela o importe íntegro dunha mensualidade incrementado

con tódolos emolumentos inherentes a esta, respectándose as superiores axudas que por este concepto veñan realizando as empresas.

Artigo 19º.-Axuda por defunción.

En caso de falecemento do traballador, cun ano polo menos pertencendo á empresa, esta queda obrigada a lles satisfacer ós seus dereitohabentes o importe de dúas mensualidades, iguais cada unha delas á última que o traballador percibise, incrementada con tódolos emolumentos inherentes a esta.

Artigo 20º.-Desconto en compras.

O desconto en compras que o persoal realice nas súas empresas será, como mínimo, do 15%, respectándose as situacións máis favorables que se viñesen dando ata a data. O dito desconto non será efectivo nos artigos en rebaixas ou en saldo.

Artigo 21º.-Contraprestación.

En compensación ás melloras pactadas neste convenio os productores obríganse a presta-los seus servicios co maior interés e productividade.

Artigo 22º.-Lexislación subsidiaria.

En todo o non expresamente previsto neste convenio haberá que aterse ó que dispoñen as normas legais vixentes de aplicación.

Artigo 23º.-Comisión paritaria.

Para a interpretación e cumprimento das cláusulas deste convenio e para atender a cantas cuestións da súa aplicación, establécese unha comisión paritaria, que estará integrada por tres representantes de cada unha das partes que negocian o convenio.

Disposición adicional

Primeira.-As diferencias económicas resultantes da aplicación do incremento salarial pactado, téndose en conta os efectos retroactivos ó 1 de xaneiro de 1995, deberán facerse efectivos antes do 31 de xaneiro de 1997.

Segunda.-As partes nomean unha comisión paritaria que, en principio, estará configurada polos mesmos membros que o fosen da comisión negociadora do presente convenio para o estudio e subseguinte incorporación ó convenio do ano 1997 das directrices do acordo marco de comerico de 1996, no referido ás categorías profesionais.

Vigo, 7 de outubro de 1996.

Táboa salarial anexa para o ano 1995

CategoríasSalario mensual

GRUPO I
Enxeñeiros e licenciados98.462
Axudantes técnicos83.347
Practicantes74.114

GRUPO II
Xefe de persoal93.427
Xefe de vendas93.427

CategoríasSalario mensual

Xefe de compras93.427
Encargado xeral93.427
Xefe de almacén83.347
Xefe de sucursal83.347
Xefe de grupo83.347
Xefe de sección73.318
Encargado de establecemento, vendedor, comprador73.809
Viaxante74.319
Corredor de praza70.019
Dependente74.013
Dependente maior81.413
Axudante68.548
Traballadores en formación: salario mínimo segundo a idade.

GRUPO III
Xefe administrativo86.560
Xefe de sección80.297
Contable, caixeiro, taquimecanógrafo73.809
Oficial administrativo88.391
Aspirante de 16 e 17 anos47.495
Auxiliar de caixa de 16 e 17 anos47.495
Auxiliar de caixa de 18 ou máis anos73.809
Auxiliar adminsitrativo73.809

GRUPO IV
Debuxante83.530
Escaparatista73.809
Rotulista73.809
Cortador73.809
Axudante de cortador73.809

GRUPO V
Persoal de limpeza: a razón de502 ptas./hora

Profesionais de oficio: nas demais categorías non previstas nesta táboa, faranse as asimilacións que correspondan.

Táboa salarial anexa para o ano 1996

CategoríasSalario mensual

GRUPO I
Enxeñeiros e licenciados102.498
Axudantes técnicos86.763
Practicantes77.152

GRUPO II
Xefe de persoal97.257
Xefe de vendas97.257
Xefe de compras97.257
Encargado xeral97.257
Xefe de almacén86.763
Xefe de sucursal86.763
Xefe de grupo86.763
Xefe de sección77.364
Encargado de establecemento, vendedor, comprador76.835
Viaxante77.364
Corredor de praza72.889
Dependente77.047
Dependente maior84.751
Axudante71.358
Traballadores en formación: salario mínimo segundo a idade.

GRUPO III
Xefe administrativo90.109
Xefe de sección83.589
Contable, caixeiro, taquimecanógrafo76.835
Oficial administrativo92.015
Aspirante de 16 e 17 anos49.442
Auxiliar de caixa de 16 e 17 anos49.442

CategoríasSalario mensual

Auxiliar de caixa de 18 ou máis anos76.835
Auxiliar adminsitrativo76.835

GRUPO IV
Debuxante86.954
Escaparatista76.835
Rotulista76.835
Cortador76.835
Axudante de cortador76.835

GRUPO V
Persoal de limpeza: a razón de523 ptas./hora

Profesionais de oficio: nas demais categorías non previstas nesta táboa, faranse as asimilacións que correspondan.

8528