Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Venres, 20 de decembro de 1996 Páx. 11.738

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (121/1991).

Eu, María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, dou fe de

que no xuízo de incidentes que se segue neste xulgado co número 121/1991, se dictou a sentencia que ten o encabezamento e parte dispositiva do seguinte teor literal:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o 3 de febreiro de 1994, Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos desta cidade dictou a presente resolución no procedemento civil de incidencias seguido neste xulgado co número 121/1991, no que actuaron, como demandante, María Asunción Lucas Álvarez, maior de idade, veciña de Santiago de Compostela, representada polo procurador dos tribunais Victorino Regueiro Muñoz e defendida polo letrado Francisco Vispo Montero, e como demandados, Rosalía Gómez Aguerre, maior de idade, veciña da Coruña, representada polo procurador dos tribunais Juan José Belmonte Posse e asistida polo letrado José Manuel Liaño Flores, e Natalia Gómez Aguerre, maior de idade, veciña de Barcelona, José Ramón Gómez Aguerre, maior de idade, veciño de Vilagarcía de Arousa, Pedro Gómez Aguerre, maior de idade, veciño de Madrid, José Antonio Gómez Aguerre, maior de idade, veciño da Coruña, María Engracia Gómez

Aguerre, maior de idade, veciña de Vigo, Benito, Valentín, Maximino, Santiago e María del Carmen Gómez Fernández, todos eles maiores de idade agás a última, veciños da Coruña, e contra María del Carmen Fernández Usero, maior de idade, veciña da Coruña, esta última por si e representante legal da menor María del Carmen Gómez Fernández, todos eles declarados en rebeldía nas actuacións.

Resolvo que, estimando a reconvención presentada pola propiedade e desestimando a presentada pola arrendataria debo declarar e declaro a resolución do contrato de arrendamento do local de negocio sito no baixo da casa número 14 da Rúa do Villar de Santiago de Compostela, con imposición das custas á parte demandadnte e reconvida. Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial neste xulgado polo prazo de cinco días desde a notificación. Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Asinado. Rubricado».

E para que conste e lle sirva de notificación á demandada rebelde María Engracia Gómez Aguerre, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o nove de outubro de mil novecentos noventa e seis.

A secretaria

Rubricado

7866