Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Venres, 20 de decembro de 1996 Páx. 11.739

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (345/1996-3).

En virtude do acordado polo xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, en resolución desta data, nos autos de incidental número 345/1996-3, seguidos neste xulgado por instancia da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, contra Fundación Luis Rodríguez Pérez, emprázase o demandado, persoas descoñecidas

e incertas ás que lle puidese interesa-la extinción da Fundación Luis Rodríguez Pérez, para que no termo de seis días compareza en autos, constituíndose en legal forma co avogado que o defenda, coa prevención de que, se non comparece, será declarado en rebeldía e recaerán sobre del os prexuízos a que houber lugar en dereito.

E para que lles sirva de emprazamento ás persoas descoñecidas e incertas ás que lles puidese interesa-la extinción da Fundación Luis Rodríguez Pérez, expido o presente edicto que asino en Santiago de Compostela o 18 de outubro de 1996.

A secretaria

Rubricado

7865