Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Venres, 20 de decembro de 1996 Páx. 11.739

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

EXPOSICIÓN pública do estudio de detalle Coruña na U.E. II-08 (3202/411).

Aprobado inicialmente polo Concello Pleno, con data 3 de novembro de 1994 o estudio de detalle Coruña na U.E. II-08 (3202/411), redactado polo arquitecto Gabriel Santos Zas e visado polo COAG con datas 22 de xullo e 22 de setembro de 1994; sométese a información pública polo prazo de quince días, mediante anuncios no Diario Oficial de Galicia, BOP nun dos xornais de maior circulación da provincia e máis no taboleiro de anuncios do concello, con notificación persoal ós propietarios e demais interesados directamente afectados.

Sinálase como área afectada pola suspensión de licencias de parcelación, edificación e demolición a abranguida polo seu ámbito, coa seguinte delimitación: norte, colexio E. Pardo Bazán (Chouzo); sur, travesía rúa Coruña; leste, travesía rúa Coruña; e oeste, colexio E. Pardo Bazán.

O prazo entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate dos quince días, contados desde o día seguinte ó do derradeiro anuncio.

O que se fai público para xeral coñecemento, coa indicación de que a documentación se atopa na Oficina Municipal de Información (planta baixa da Casa do Concello) para exame e alegacións.

Vigo, 7 de outubro de 1996.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

9368