Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Venres, 20 de decembro de 1996 Páx. 11.740

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

EXPOSICIÓN pública do proxecto de urbanización da U.E. IV-02 Vista Alegre (expediente 3933/401).

O Consello da Xerencia de Urbanismo en sesión do día 15 de novembro de 1996 acordou o seguinte:

1. Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización da U.E. IV-02 Vista Alegre, formulado pola compañía mercantil Veinte de Julia Minguillón, S.L. e redactado polo arquitecto León López de la Osa González, con visados do COAG do 7-4-1995 e 24-9-1996, de acordo coa documentación e os informes do expediente número 3933/401. O prazo de execución das obras será dun ano e medio desde a aprobación definitiva do presente proxecto.

2. Somete-lo expedietne a información pública polo prazo de quince días, mediante a inserción de anuncios no DOG, BOP, un dos xornais de maior circulación da provincia e no taboleiro oficial de edictos da Casa do Concello, con notificación ós interesados.

3. Con anterioridade á aprobación definitiva do proxecto, requiriráselles ós promotores da actuación para que acheguen xustificación suficiente acreditativa do cumprimento da ordenanza para a mellora da accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas do Concello de Vigo, no que lle sexa de aplicación.

4. Coa aprobación definitiva os promotores da actuación deberán prestar fianza polo 100% do importe das obras de urbanización, que ascende á cantidade de 22.762.835 pestas (vintedous millóns setecentas sesenta e dúas mil oitocentas trinta e cinco pesetas).

O DIARIO OFICIAL DE GALICIA

VÉNDESE:

NA CORUÑA:EN PONTEVEDRA:

Na librería Arenas, Cantón Grande, 21En Luís Paredes Rey, rúa Benito Corbal, 1.

Na librería Inoa, Federico Tapia, 55.Na librería Gonzalo Rey, rúa Benito Corbal, 29.

EN FERROL:

Na librería Central Librera, rúa Dolores, 2 e 4.EN SANTIAGO DE COMPOSTELA:

Na librería Egea, rúa Sol, 74.Nos edificios administrativos de San Caetano,

edificio central, planta baixa, rexistro xeral.

EN LUGO:Na librería Toral, Cantón do Toural, 7.

Na librería Souto, praza de España, 14.Na papelería Xaquín, Rúa Nova de Abaixo, 10.

EN OURENSE:

En Aníbal e Hijos, S.L., Avda. da Habana, 65.EN VIGO:

No quiosco «La Viuda», rúa Lamas Carvajal, 46.En Librería Colón, rúa Colón, 22.

O que se fai público en cumprimento do punto 2º do acordo plenario, e signifícase que o prazo de exposición ó público se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate dos quince días contados desde o derradeiro anuncio.

A documentación atópase na Oficina Municipal de Información (baixo do concello).

Fíxese no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.

Vigo, 2 de decembro de 1996.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

8889