Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Venres, 20 de decembro de 1996 Páx. 11.738

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de requirimento (28/1995).

En virtude do acordado en resolución do día da data dictada na peza separada de execución provisional dimanante do xuízo executivo número 28/1995, seguido por instancia do Banco Central Hispanoamericano, representado polo procurador García Piccoli contra P y C Producción y Comercio, S.L., Fernando Méndez López e Mercedes Isabel Varela Carreira, por medio da presente cédula requírese o demandado Fernando Méndez López, de quen se descoñece o seu domicilio actual, co fin de que no prazo de seis días presente na secretaría os títulos de propiedade dos predios embargados no procedemento antes indicado, coa prevención de que, de non facelo no prazo indicado, recaerán sobre del os prexuízos a que houber lugar en dereito.

E para que lle sirva de requirimento ó demandado Fernando Méndez López, expido a presente cédula que asino e selo en Santiago de Compostela o vintedous de outubro de mil novecentos noventa e seis.

O secretario xudicial

7823