Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Venres, 20 de decembro de 1996 Páx. 11.738

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (355/1995-01).

En virtude do acordado en resolución do día da data, dictada no xuízo sobre procedemento xudicial sumario do artigo 131 da Ley hipotecaria, rexistrado co número 355/1995, que se segue neste xulgado por instancia do Banco Hipotecario de España, representado pola procuradora Losada Gómez, contra a entidade Os Verxeles, S.A., por medio da presente cédula notifícaselles a Vicente Martínez Gascón e María Dolores Selles Ferreiro a existencia deste procedemento para os efectos previdos no artigo 131 da Lei hipotecaria, quinto, apartado segundo, toda vez que posúen un dereito de opción de compra subsistente e sen cancelar sobre o predio 18.328, do tomo 536, libro 174 de Teo, folio 195, inscrito no Rexistro da Propiedade de Padrón, sito na urbanización Os Verxeles, parroquia de Oza.

Dezaseis de outubro de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

7857