Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Xoves, 19 de decembro de 1996 Páx. 11.651

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

AVISO do 8 de novembro de 1996, da Xefatura de Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural da Coruña, polo que se anuncia a publicación das bases definitivas da zona de San Vicente e Santa María de Vigo (Cambre-Carral-A Coruña).

Ponse en coñecemento dos interesados na concentración parcelaria da zona de San Vicente e Santa María de Vigo (Cambre-Carral-A Coruña), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto de 86/1992, do 26 de marzo (DOG nº 65 do 3 de abril de 1992), que a xunta local da zona, na súa reunión do 6 de novembro de 1996, aprobou as bases definitivas, que estarán expostas ó público nas casas dos concellos de Cambre e Carral e nos lugares de costume da parroquia durante o prazo de trinta días hábiles, contados desde o seguinte ó da derradeira publicación deste aviso no Diario Oficial de Galicia e no BOP, de conformidade co que determina a Lei de concentración parcelaria para Galicia (artigo 36).

Os documentos que se poden examinar no local do concello refírense á determinación do perímetro (predios da periferia que se incluíron e excluíron, superficies que se exceptúan por seren de dominio público e relación de predios excluídos), a clasificación de terras e a fixación de coeficientes que servirán de base para face-las compensacións que sexan necesarias, e a determinación de propietarios e titulares de gravames e outras situacións xurídicas das que se declara formalmente a súa titularidade.

Contra estas bases, os interesados poden interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes dentro do prazo dos trinta días sinalados, na Xefatura de Estructuras Agrarias (edificio administrativo, praza Luís Seoane, s/n, 6ª planta, A Coruña), nas oficinas centrais da consellería (San Caetano, s/n, Santiago de Com

postela) ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expresando no escrito un domicilio dentro do termo municipal para facérlle-las notificacións que procedan, e, se é o caso, a persoa residente neste a quen se lle teñan que face-las notificacións.

A Coruña, 8 de novembro de 1996.

Rogelio del Valle Muñoz-Cobo

Xefe de Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural da Coruña

9307