Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Xoves, 19 de decembro de 1996 Páx. 11.651

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 1996, da Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo (Área Sur), pola que se anuncia o concurso público 3/1997 por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación do servicio de limpeza da Casa do Mar de Cangas.

A Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo (Área Sur), en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 22 de maio de 1996, da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

1. Obxecto: contratación do servicio de limpeza das dependencias onde se sitúa a Casa do Mar de Cangas.

2. Orzamento: 4.200.000 ptas. (IVE incluído).

3. Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 31-6-1997.

4. Fianzas:

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: será do 4% do orzamento de licitación.

5. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e tramitación urxente.

6. Solvencia económica e financeira: acreditarase mediante calquera dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

7. Solvencia técnica: acreditarase mediante calquera dos medios establecidos no artigo 19 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

8. Criterios de adxudicación: os establecidos na claúsula décima do prego de cláusulas administrativas particulares que rexen o presente concurso.

9. Documentación de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares, pode ser solicitado na Xerencia de Atención Primaria, rúa México 26 - 1ª planta 36204 Vigo, teléfono (986) 81 64 66, en días hábiles desde as 9 ata as 14 horas.

10. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral desta Xerencia de Atención Primaria (rúa México, 26-4ª, 36204 Vigo), antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo no xeito indicado no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación.

11. Apertura de proposicións: a apertura de proposicións será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria, rúa de México 26-6ª planta de Vigo, ás 9 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación das ofertas. No caso de que dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

12. Documentación que deberán aporta-los licitadores: a sinalada no punto oito do prego de cláusulas administrativas particulares.

13. Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público será por conta do seu adxudicatario.

Vigo, 9 de decembro de 1996.

Alberto García Pazos

Director xerente de Atención Primaria

de Pontevedra-Vigo (Área Sur)

9308