Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Xoves, 19 de decembro de 1996 Páx. 11.650

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación dos acordos de iniciación dos procedementos sancionadores de pesca fluvial que se citan (96/0303 e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-los acordos de iniciación dos procedementos sancionadores por infracción administrativa da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151, do 5 de agosto), por non ser posible a súa notificación.

Noméase instructora do procedemento a Paloma Puente Sánchez, funcionaria desta delegación, que poderá promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería, segundo o artigo 40.3º a) da mesma lei.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para que poidan examina-los expedientes na Delegación Provincial desta consellería da Coruña, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, e para aportaren por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas, consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuar alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, A Coruña.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

A Coruña, 27 de novembro de 1996.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Tipificación infracción

Lei de pesca

ExpedienteDenunciado

DNI

Último enderezo coñecido

Feitos imputadosArtigo

infrinxido

Cualificación

infracción

Sanción

proposta

P-96/0303Xosé A. Segade Culleiro

33.233.188

Magdalena, 2-Milladoiro

Ames

Pescar 11 troitas de tamaño menor có regulamentario.33.9ºLeve10.000 multa,

12.375 Indemn.

P-96/0347José L. Rodríguez Escudero

32.805.112

Federico Tapia, 73-5º

A Coruña

Pescar nun couto sen o correspondente permiso.34.10ºMenos grave50.001 multa,

Inhab. 1 ano

P-96/0348Alejandro Martínez Guimarey

29.855.181

Lagartóns-A Estrada

Pontevedra

Pescar con máis canas das permitidas.33.4ºLeve10.000 multa

9157