Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Xoves, 19 de decembro de 1996 Páx. 11.649

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 27 de novembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación das propostas de resolución formuladas pola instructora no expediente sancionador de pesca fluvial (96/0156 e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-las propostas de resolución dos procedementos sancionadores que se instrúen por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151, do 5-8), por non ser posible a súa notificación.

Os interesados dispoñen dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide

pertinentes. No mesmo prazo póñense os procedementos de manifesto para trámite de vista se o consideran oportuno. Os expedientes poden ser examinados na delegación provincial desta consellería, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos-A Coruña.

Rematado o prazo que se sinala, estas propostas, xunto con tódolos documentos que constan nos expedientes, remitiránselle ó delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes para a resolución do procedemento.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-8).

A Coruña, 27 de novembro de 1996.

Paloma Puente Sánchez

Instructora

ANEXO

Tipificación infracción

Lei de pesca

ExpedienteDenunciado

DNI

Último enderezo coñecido

Feitos denunciadosArtigoCualificaciónSanción

P-96/0156José A. Pérez Fernández

76.526.792

Montiño, 19-1º

A Coruña

Pescar nunha zona vedada.34.6ºMenos grave50.001 multa,

Inhab. 1 ano

P-96/0248Emilio Sánchez Fraga

76.360.533

Fragacha-Cambas, 1

Aranga

Pescar sen licencia.34.1ºMenos grave50.001 multa,

Inhab. 1 ano

P-96/0290Saladino Mancebo San Andrés

33.211.575

Av. Santiago, 27-3º Esq.

Negreira

Pescar unha troita de tamaño menor có regulamentario.33.9ºLeve10.000 multa,

1.240 Indemn.

9160