Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Xoves, 19 de decembro de 1996 Páx. 11.648

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da resolución formulada no expediente sancionador de pesca fluvial (96/0003 e catro máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-las resolucións dos procedementos sancionadores por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial, (DOG nº 151 do 5-8-1992), por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia nº 311-000-166/2 da Caixa de Aforros de Galicia na Coruña O.P., no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó de publicación desta notificación. Para efectualo deberanse emprega-los impresos normalizados que serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples, Monelos, A Coruña. Transcorrido o citado prazo procederase ó cobro pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co previsto no artigo 114 e concordantes da Lei

30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolucion, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso ordinario perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes no prazo dun mes, contado, igualmente, a partir do día seguinte ó de publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme a tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 27 de novembro de 1996.

Rogelio Aramburu Núñez.

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Tipificación infracción

Lei de pesca

ExpedienteDenunciado

DNI

Último enderezo coñecido

Feitos denunciadosArtigoCualificaciónSanción

P-96/0003Dosinda Rodríguez Abelenda

76.339.908

O Milladoiro-Ames

Botarlles as augas substancias susceptibles de causarlles danos ós seres acuáticos.34.24ºMenos grave50.001 multa,

Inhab. 1 ano

P-96/0051Marcos Armesto Fernández

32.818.461

Venezuela, 9

A Coruña

Pescar nunha zona prohibida34.6ºMenos grave50.001 multa,

Inhab. 1 ano

P-96/0098Jesús Rivas López

32.647.435

Outeiro-San Sadurniño

Pescar 1 troita de tamaño menor có regulamentario.33.9ºLeve10.000 multa,

1.240 Indemn.

P-96/0112Jesús Pereiro Sadurniño

33.209.452

Picaños, 46

Santiago de Compostela

Pescar 1 troita de tamaño menor có regulamentario.33.9ºLeve10.000 multa

P-96/0141Gerardo Seoane Martínez

32.405.332

Bº Flores, 28

A Coruña

Pescar 13 troitas de tamaño menor có regulamentario.33.9ºLeve10.000 multa,

15.900 Indemn.

9159