Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Xoves, 19 de decembro de 1996 Páx. 11.648

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 1996, do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural de Lugo, pola que se anuncia a toma de posesión definitiva dos predios de substitución na zona de Silva (Pol-Lugo).

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Silva (Pol-Lugo) que, co obxecto de que tomen posesión deles, se poñen a disposición dos respectivos propietarios os predios de substitución, fixándose como data límite para a dita toma de posesión o 31 de decembro de 1996, a falta de acordo do propietario destes e o novo axudicatario do predio en que se atopen.

Segundo establece o artigo 46 da Lei de concentración parcelaria para Galicia, do 14 de agosto

de 1985, no prazo de trinta días hábiles, contados desde o 1 de xaneiro de 1997, os interesados poderán reclamar, acompañando dictame pericial de todos e cada un dos predios, sobre diferencias superiores ó dous por cento entre a cabida real dos novos predios e a que consta no expediente de concentración.

Consonte o artigo 45 da devandita lei, o propietario que non permita a toma de posesión dos predios, será obxecto de compulsión directa, logo do apercibimento ou instrucción dun expediente incoado para o efecto.

Así mesmo, ponse en coñecemento de todos, que a posesión dos predios de reemprazo autórgalles a aqueles que no acordo de concentración figuren como adxudicatarios, os medios de defensa establecidos polas leis. Advírtese que todo aquel que non abandone a posesión na data antes fixada, poderá verse privado das colleitas, a falta de acordo co adxudicatario.

Lugo, 20 de novembro de 1996.

Fernando López Gutiérrez

Xefe do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural de Lugo

9158