Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Xoves, 19 de decembro de 1996 Páx. 11.648

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 1996 pola que se fan públicas as adxudicacións do concurso de procedemento aberto das asistencias técnicas de clave 62102012 e 62128065.

Por Resolución do 17 de setembro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, anunciouse o citado concurso, procedemento aberto.

Cumpridos os trámites regulamentarios en materia de contratación administrativa o delegado resolveu adxudicárlle-las asistencias técnicas ás seguintes empresas:

1. Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para o levantamento de planos parcelarios e altimétricos por topografía clásica na zona de Valiñas-Agudelo-Barro (Barro-Pontevedra).

Clave: 62102012.

Empresa: OTT-CONSA.

Orzamento: 11.152.960 ptas.

2. Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para o levantamento de planos parcelarios e altimétricos por topografía clásica na zona de San Salvador de Meis (Meis-Pontevedra).

Clave: 62128065.

Empresa: TOPGAL, S.L.

Orzamento: 7.048.000 ptas.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas.

Pontevedra, 19 de novembro de 1996.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

9155