Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Mércores, 18 de decembro de 1996 Páx. 11.577

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (245/1995).

Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número un dos de Santiago de Compostela e o seu partido. Hace saber que nos autos de xuízo de menor contía, seguidos co número 245/1995, se dictou sentencia con data 15 de novembro de 1995 que ten un encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

«Vistos por Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz de primeira instancia e instrucción número un desta cidade e o seu partido, os presentes autos de xuízo declarativo de menor contía, seguidos nesta xulgado baixo o número 245 de 1995, entre partes, dunha como demandante, a entidade Requejo Durán, S.L. (Redusa, S.L.) domiciliada en El Espinar (Segovia), representada en autos polo procurador Regueiro Muñoz, asistida do letrado Vispo Montero, e doutra, como demandados, a entidade Parga Rodríguez Cía, S.R.C., domiciliada na Coruña, representada en autos polo procurador Caamaño Queijo, asistida do letrado Ramírez Gray e a entidade Cousa, S.A.E., incomparecida e en situación procesual de rebeldía, sobre tercería de dominio por dependencia do xuízo executivo número 597/1988.

Decido que, considerando a demanda formulada polo procurador Regueiro Muñoz, en nome e representación da sociedade Requejo Durán, S.L., contra Parga Rodríguez e Cía, S.R.C., a quen representa o procurador Caamaño Queijo, avida á demanda e a entidade Cousa, S.A.E., incomparecida e en situación procesual de rebeldía, debo declarar e declaro o levantamento do embargo realizado no xuízo executivo número 597/1988, deste mesmo xulgado, sobre o local número 4, situado na planta baixa do edificio, destinado a usos comerciais, mercantís e industriais, está completamente diáfano e ocupa unha superficie útil aproximada de 474 m . Linda: fronte (tomando por este a fachada do edificio á rúa Alférez Provisional), a dita rúa e cuarto de contadores; dereita, posesións dos señores

Barcia Castelao e Raposo Rodríguez, cuarto de contadores, caixa de ascensores, portal, anteportal, escaleira de acceso ás plantas altas e parte da rampla descendente de acceso ós sotos dous e un; esquerda, posesións de José Otero Túñez e outros (edificio Apolo) e fondo, patio de luces, resto de terreo do predio destinado a iso, predio número 9374, incrito no Rexistro da Propiedade de Santiago de Compostela, sección segunda no tomo 1062, libro 104, folio 125 e a súa pertenza en pleno dominio á mercantil demandante. Todo iso sen efectuar especial pronunciamento en custas.

Lévese certificación desta sentencia ó proceso principal, facéndolles saber ás partes que non é fime e que contra esta cabe recurso de apelación dentro do prazo de cinco días, para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

A anterior sentencia foi publicada no memo día da súa data.

E para que lle sirva de notificación á entidade demandada rebelde Cousa, S.A.E., expido o presente edicto que asino e selo en Santiago de Compostela o seis de novembro de mil novecentos noventa e seis.

Rubricado

8447