Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Mércores, 18 de decembro de 1996 Páx. 11.577

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación e citación de remate (291/1993).

En virtude do acordado en resolución do día da data, dictada nos autos de xuízo executivo que co número 291/1993 se seguen neste Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, por instancia do Banco Central Hispanoamericano, S.A., representado pola procuradora Mª Jesús Fernández Rial López, contra Carlos Teruel Aragonés e Mª de los Dolores Toro Cabaleiro, en reclamación de 773.137 de principal e mais 450.000 que se calculan para xuros, gastos e custas, pola presente cédula fáiselle saber á debedora Mª de los Dolores Toro Cabaleiro, que se encontra en paradoiro descoñecido, que se embargaron, como da súa propiedade, os bens que máis adiante se describen, segundo dispón o artigo 1444 da Lei de axuízamento civil, sen o previo requirimento de pagamento, por ignorarse o seu paradoiro. E, ó mesmo tempo, cítaselle de remate e concédeselle o termo de nove días para que compareza nos autos e se opoña á execución, se lle conviñese, prevíndoa que, de non o

verificar, se seguirá o xuízo na súa rebeldía e recaerá sobre ela o conseguinte prexuízo.

Bens embargados: vehículo Seat Marbella, matrícula C-0614-BF.

E para que conste e lle sirva de notificación e citación en forma á debedora, Mª de los Dolores Toro Cabaleiro, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o vintecatro de maio de mil novecentos noventa e seis.

Francisco Castiñeiras Fernández

Secretario do xulgado

9012