Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Mércores, 18 de decembro de 1996 Páx. 11.576

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ARZÚA

EDICTO de poxa (147/1996).

O xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Arzúa, fai saber que neste xulgado baixo o número 147/1996 de rexistro, se segue procedemento xudicial sumario do artigo 13.1º da Lei hipotecaria, por instancia de Caixa de Aforros de Galicia, representada polo procurador Ricardo García-Piccoli, contra José Antonio Brea García e Purificación Barreiro Vázquez, en reclamación de crédito hipotecario, e que nas súas actuacións se acordou sacar a primeira e pública poxa, por termo de vinte días e prezo da súa taxación, o seguinte predio contra o que se procede:

Vivenda unifamiliar, planta baixa, de cento catorce metros cadrados, sita onde se denomina Chousa da Fontadías, parroquia e municipio de Touro, sita no sector central do predio, e que ten como anexo o resto de terreo non edificado, de dez áreas e tres centiáreas e linda: norte, sendeiro máis baixo; sur, monte de Manuel Louzao Vázquez; leste, labradío de José Lorenzo Casal e oeste, de herdeiros de Ignacio Codesido Viña.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Arzúa, tomo 512, libro 76, folio 209, predio número 11.154.

A poxa terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, sito na avenida de Lugo número 45, baixo, o dezaseis de xaneiro do vindeiro ano, ás dez horas, baixo as seguintes condicións:

1. O tipo do remate é de 10.353.000 pesetas e non se admitirán licitacións que non cubran a dita suma.

2. Para tomar parte na poxa deberán consigna-los licitadores previamente, na mesa do xulgado ou establecemento destinado para tal efecto, unha cantidade igual, polo menos, ó 20% do tipo de remate.

3. Poderá facerse o remate a calidade de cederllo a un terceiro.

4. Desde o anuncio da poxa ata a súa celebración poderán facerse licitacións por escrito en prego pechado, depositando na mesa do xulgado xuntamente con aquel, o importe da consignación á que se refire o apartado 2 ou acompañando o resgardo de tela feito no establecemento destinado para tal efecto.

5. No caso de quedar deserta a primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda o vindeiro día dezasete de febreiro ás dez e no caso de quedar deserta a segunda, sinálase para que teña lugar a terceira poxa o vindeiro día vinte de marzo ás dez.

Os autos e a certificación rexistral están de manifesto na secretaría, e os licitadores deberán aceptar como suficiente a titulación, sen que poidan esixir outros títulos.

As cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houbese, ó crédito do actor continuarán sub

sistentes e sen cancelar, e entenderase que o rematante as acepta e queda subrogado na responsabilidade destas, sen se destinar á súa extinción o prezo do remate.

E para que así conste e sirva de anuncio nos diarios oficiais nos que se acordou a súa inserción, así como de notificación ós debedores, no caso de que estes non se achasen no predio de constitución de hipoteca, expídese o presente edicto en Arzúa a once de novembro de mil novecentos noventa e seis.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O Secretario

Rubricado

8460