Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Mércores, 18 de decembro de 1996 Páx. 11.576

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 1996 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza 96/018 de corpos docentes universitarios convocados por esta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1999/1984, do 26 de setembro, modificado polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designado o presidente e vocal secretario por esta universidade e celebrados os oportunos sorteos establecidos no artigo 6.6º do dito real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes,

Este rectorado fai pública a composición da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza de profesorado desta universidade número 96/018, convocada por Resolución do 1 de abril de 1996 (BOE do 7 de maio), comisión que se relaciona como anexo a esta resolución.

A dita comisión deberá constituírse nun prazo non superior a catro meses, contados desde a publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

A Coruña, 25 de novembro de 1996.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO

Praza de: catedrático de escola universitaria.

Área de coñecemento: expresión gráfica da enxeñería.

Praza nº: 96/018.

Comisión titular:

Presidente: Prieto Alberca, Manuel, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.

Secretario: Fernández Soto, Joel, catedrático de escola universitaria. Universidade de Vigo.

Vocais:

Puerta Romero, Manuel, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.

Portillo Franquelo, Pedro, catedrático de escola universitaria. Universidade de Málaga.

Sentana Cremades, Eloy, catedrático de escola universitaria. Universidade de Alicante.

Comisión suplente:

Presidente: Hernández Abad, Francisco, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Cataluña.

Secretario: Ladero Ordóñez, Ricardo, catedrático de escola universitaria. Universidade de Vigo.

Vocais:

Giménez Yanguas, Francisco, catedrático de universidade. Universidade de Granada.

Olive Gatell, Ángel, catedrático de escola universitaria. Universidade Politécnica de Cataluña.

Avilés Caro, José, catedrático de escola universitaria. Universidade de Xaén

8461