Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Mércores, 18 de decembro de 1996 Páx. 11.565

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo do sector do comercio de materiais para a construcción e saneamento.

Visto o expediente do convenio colectivo para o sector del comercio de materiais para a construcción e saneamento, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 30-10-1996, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios de Materiais para la Construcción, e da parte social, polas centrais sindicais CC.OO., UGT e CIG, en data 18-10-1996. De con

formidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto legislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 4 de novembro de 1996.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo provincial para o sector de comercio de materiais para a construcción e saneamento de Pontevedra

Artigo 1º.-Partes asinantes

Son partes asinantes do presente convenio as centrais sindicais UGT, CC.OO. e CIG en representación dos traballadores e a Asociación Provincial de Empresarios de Materiais para a Construcción, en representación dos empresarios do sector.

Artigo 2º.-Ámbito de aplicación

O presente convenio colectivo regula as relacións laborais e económicas entre empresas e traballadores do sector de comercio de materiais para a construcción e saneamento, da provincia de Pontevedra. Determínase que quedan afectados por el as actividades comprendidas na venda polo miúdo e venda por xunto de artigos e materiais para a construcción e destinados á ornamentación dela.

Artigo 3º.-Opción

Cando nos centros de traballo das empresas afectadas se exerzan, ademais, outras actividades e estean por iso enmarcadas noutros convenios, os traballadores que presten servicios indistintamente nunha ou outra das ditas actividades terán opción de acollerse ó convenio que resulte máis beneficioso no seu conxunto durante a vixencia deste convenio.

Artigo 4º.-Duración e vixencia

O presente convenio entrará en vigor ós 10 días do seu asinamento. Terá unha duración dun ano, contado a partir do día 1 de xaneiro de 1996, fina

lizando para os seus efectos o 31 de decembro de 1996.

Artigo 5º.-Prórrogas

O convenio entenderase tacitamente prorrogado por períodos anuais, sempre que non sexa denunciado por calquera das partes.

Artigo 6º.-Denuncias

A denuncia do convenio deberá formularse por escrito e ser denunciada á outra parte cunha antelación mínima de tres meses á terminación da súa vixencia.

Artigo 7º.-Condicións máis beneficiosas

O persoal que con anterioridade ó convenio viñese desfrutando de condicións máis beneficiosas que as aquí pactadas deberá conservalas. Poderán ser absorbidas, non obstante, ata acada-los niveis do presente convenio.

Artigo 8º.-Retribucións

As retribucións salariais para a vixencia do convenio son as que para cada categoría se fixan na táboa salarial anexa.

Artigo 9º.-Revisión salarial

No caso de que o IPC rexistrase o 31 de decembro de 1996 un incremento respecto ó 31 de decembro de 1995 superior ó 3,8%, o dito exceso servirá de base para a negociación do ano 1997.

Para iso, no momento da negociación do convenio colectivo do ano 1997, procederase a cuantifica-lo dito exceso, calculado sobre os salarios utilizados para realiza-los aumentos pactados para 1996. A cuantificación do dito exceso adicionarase ós salarios vixentes o 31 de decembro de 1996 e sobre a cantidade resultante calcularanse os incrementos salariais para 1997.

Artigo 10º.-Plus de transporte urbano

Tódolos traballadores afectados polo presente convenio percibirán un plus de transporte urbano por día efectivo de traballo de 356 ptas./día, efectivo.

Este plus percibirano con independencia do plus de distancia que regula a O.M. do 10-2-1958 e posteriores disposicións, e calquera que sexa o medio utilizado polo traballador para o seu desprazamento.

A cantidade percibida por este concepto non terá a consideración de salario a ningún efecto, polo cal non se computará para o cálculo de antigüidade, gratificacións extraordinarias, paga de beneficios, etc., e tampouco se percibirán cando se encontre en situación de incapacidade laboral transitoria.

Queda igualmente exento da cotización á Seguridade Social.

Artigo 11º.-Aumentos por anos de servicio.

Os aumentos periódicos por anos de servicio consistirán en cuadrienios os cinco por cento sobre os salarios base do convenio.

Artigo 12º.-Gratificacións extraordinarias

O persoal afectado por este convenio percibirá en xullo e Nadal cadansúa gratificación extraordinaria polo importe dunha mensualidade cada unha, do soldo fixado na táboa salarial que lle sexa de aplicación, mailos aumentos por anos de servicio que lle correspondan.

Artigo 13º.-Participación en beneficios

Esta participación fíxase nunha mensualidade do salario fixado na táboa salarial do convenio para cada categoría profesional, mailos aumentos por anos de servicios que, se é o caso, correspondan.

A dita participación aboarase a todo o persoal no mes de marzo de cada ano.

Artigo 14º.-Rateo de pagas

O persoal que ingrese ou cese na empresa no transcurso do ano percibirá as pagas extraordinarias de xullo e nadal, así como a de beneficios, na parte proporcional que lle corresponda segundo o tempo traballado.

Artigo 15º.-Horas extraordinarias

Ante a grave situación de paro existente e co obxecto de favorece-la creación de emprego, as partes asinantes do presente convenio acordan a conveniencia de reducir ó mínimo indispensable as horas extraordinarias de acordo cos seguintes preceptos:

a) Horas extraordinarias habituais: supresión.

b) Horas extraordinarias motivadas por forza maior, entendendo por tales as que veñan esixidas pola necesidade de reparar sinistro e outros danos extraordinarios e urxentes: realización.

c) Horas extraordinarias estructurais: mantemento. Entenderase como tales as necesarias por períodos punta de producción, pedidos imprevistos, cambios de quenda, ausencias imprevistas ou outras circunstancias de carácter estructural derivadas da natureza da actividade de que se trate. Todo iso sempre que non poidan ser substituídos por contratacións temporais ou a tempo parcial previstas na lei.

Artigo 16º.-Vacacións

Todo o persoal afectado polo convenio terá dereito a desfrutar de vacacións anuais retribuídas de 30 días naturais de duración as cales serán concedidas entre os meses de maio a outubro, ambos inclusive.

Aquel traballador que por necesidades da empresa non desfrute as súas vacacións no dito período maio-outubro percibirá unha bolsa de 8.818 ptas.

Sempre que non se alcance un acordo unánime entre os traballadores afectados, na determinación do período de desfrute das vacacións, procederase,

necesariamente, á elección dunha orde rotativa de preferencia, de tal forma que quen tivo preferencia na elección de quenda no ano anterior perde esa primacía de opción ata que non a exerzan o resto dos seus compañeiros de traballo.

Artigo 17º.-Xornada de traballo

A xornada de 40 horas semanais de traballo efectivo, que serán prestadas de luns a sábado pola mañá, finalizando o dito día a xornada ás 13.30 horas.

Non obstante a anterior, en cada establecemento comercial o empresario poderá chegar a acordos con todos ou algúns dos seus traballadores para a prestación de servicios os sábados pola tarde; neste caso os traballadores terán dereito ó descanso compensatorio correspondente polo traballo nas tardes deses sábados, segundo o previsto no Real decreto 1561/1995.

En todo caso, os traballadores obríganse a traballa-los sábados pola tarde en caso de existir carga ou descarga de barcos, camións, vagóns, etc.

Os traballadores desfrutarán de descanso retribuído nas tardes dos días 24 e 31 de decembro e o día correspondente ó sábado da Semana Santa.

Artigo 18º.-Axudas de custos e desprazamentos

Todo o persoal ó que se lle confire algunha comisión de servicio fóra da residencia habitual de traballo terá dereito a que se le aboen, en concepto de axudas de custos, as cantidades seguintes:

A axuda de custo completa será de 3.879 ptas. diarias e a media axuda de custos 999 ptas. diarias.

O importe das axudas de custos e medias axudas de custos previstas, aboarase ó comezo do desprazamento.

Artigo 19º.-Socorro por falecemento.

As empresas están obrigadas a entregarlles ós herdeiros forzosos dos traballadores que falezan por accidente laboral a suma de tres mensualidades do salario fixado no presente convenio, ou dalgunha das súas prórrogas, maila antigüidade, se é o caso, referido ó momento do falecemento.

Artigo 20º.-Seguro complementario de accidentes

As empresas afectadas por este convenio deberán subscribir no prazo dun mes a partir da data da súa publicación, e sempre que non teña concertado con anterioridade calquera outro igual ou superior, unha póliza de seguro colectivo e/ou individual de accidentes persoais que cubra e garanta os riscos profesionais e extraprofesionais, de morte ou invalidez permanente, por un capital dun millón de pesetas, en ámbolos casos.

Artigo 21º.-Excedencia por maternidade

Será obrigatorio o reingreso dos traballadores que se acollesen á excedencia prevista no apartado 3º do artigo 46 do Estatuto dos traballadores, logo de

aviso de reingreso con dous meses de antelación á finalización do período de excedencia solicitado.

Artigo 22º.-Pezas de roupa de traballo.

As empresas facilitarán dúas pezas de roupa de traballo ó ano, unha cada semestre, en concepto de utensilios de traballo, ó persoal cunha actividade que vén aconsellando o uso delas.

Artigo 23º.-Pluriemprego.

As parte asinantes deste convenio coidan conveniente erradica-lo pluriemprego, como regra xeral.

Para estes efectos cóidase necesario que se aplique co máximo rigor as sancións previstas na lexislación vixente, nos casos de traballadores non dados de alta na Seguridade Social, por estar dados de alta xa noutra empresa.

Para coadxuvar ó obxectivo de controla-lo pluriemprego considérase esencial o cumprimento exacto do requisito de darlles a coñecer ós representantes legais dos traballadores os boletíns de cotización á Seguridade Social, así como os modelos de contrato de traballo escrito que se utilicen na empresa, e tamén os documentos relativos á terminación da relación laboral, conforme o artigo 64.1º.5 do Estatuto dos traballadores. O incumprimento desta obriga considerarase falta grave para efectos da súa sanción pola autoridade laboral.

Artigo 24º.-Canon de negociación

Para atender economicamente a xestión do sindicato representado na comisión negociadora, fíxase un canon económico consistente no un por cento (1%) do salario base mensual que figura na táboa anexa ó presente convenio. O dito canon será aboado por unha soa vez, de acordo coa finalidade perseguida por el, de atende-los gastos ocasionados na negociación do presente convenio.

O canon de negociación ten carácter voluntario para os traballadores, polo que, en todo caso, deberá respectarse a vontade individual de cada traballador.

Para efectos do seu desconto en nómina polas empresas, os traballadores interesados en paga-lo dito canon deberán remitirlle á dirección da empresa, no prazo máximo dun mes contado a partir da entrada en vigor do convenio, un escrito no que expresen con claridade a orde de desconto do canon na cantidade indicados anteriormente. As empresas efectuarán o desconto na primeira nómina seguinte á finalización do prazo citado, facendo entrega posterior das cantidades descontadas á central sindical negociadora.

Para tódolos efectos, esta cláusula terá a consideración de obrigacional, con natureza contractual.

Artigo 25º.-Licencias.

Baseándose no disposto nos artigos 56 b e 58 da Ordenanza laboral de comercio, o persoal terá dereito a unha licencia retribuída de ata un máximo de 5 días naturais ó ano, por necesidade de atender persoalmente asuntos propios que non admitan demora, tendo en conta para iso os desprazamentos que o traballador teña que facer e as demais circunstancias que no caso concorran.

Esta licencia, demostrada a súa indubidable necesidade, concederase no acto, sen prexuízo das sancións que poidan imporse ó traballador que alegue causas que resulten falsas.

Artigo 26º.-Licencias para exames

Os traballadores que cursen con regularidade estudios para a obtención dun título oficial académico ou profesional terán dereito a un permiso retribuído de ata cinco días ó ano para concorrer a exames, logo de comunicación do traballador á dirección da empresa con quince días de antelación e xustificación correspondente.

Así mesmo, de non seren suficientes os cinco días anteriores, os traballadores disporán dun permiso non retribuído de cinco días ó ano, para concorreren a exames conducentes a obte-lo título sinalado no parágrafo anterior e coas condicións sinaladas nel.

A presente cláusula terá carácter obrigacional e será de aplicación única e exclusivamente ata o 1 de marzo de 1996, polo que a partir da dita data se extinguirá automaticamente, de acordo co previsto no artigo 86 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 27º.-Xubilación

As empresas e traballadores poderán pactar, logo de existencia de común acordo por ámbalas partes, xubilacións anticipadas ós 64 anos, de conformidade co disposto no Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo; as empresas deberán substituílos simultaneamente ó seu cesamento por xubilación, por outros traballadores nas condicións previstas no citado real decreto.

Artigo 28º.-Recoñecemento médico

As partes asinantes do convenio consideran necesaria a colaboración de todos na adopción de medidas preventivas orientadas á diminución dos riscos de enfermidades e accidentes dos traballadores das empresas. Por iso recomendan que, con periodicidade anual, e logo de acordo entre empresario e traballadores, se realicen recoñecementos médicos de todo o persoal das empresas, a través do Gabinete de Seguridade e Hixiene de Rande ou, se é o caso, das mutuas patronais de accidentes de traballo, ou noutra forma que a nivel de empresa se considere oportuna.

Artigo 29º.-Dereitos de representación dos traballadores na empresa

a) Crédito de horas. Os delegados de persoal disporán dun crédito de 16 horas mensuais retribuídas

para o exercicio das súas funcións de representación.

b) Acumulación de horas sindicais. A nivel de empresa, os delegados de persoal ou o comité poderán acorda-la acumulación de todo ou parte do crédito de horas sindicais establecido pola lei, nun ou varios dos delegados ou membros do comité de empresa. Para que iso produza efecto, a cesión de horas deberá ser comunicada por escrito á dirección da empresa.

c) Taboleiros de anuncios. Nos centros de traballo de máis de 50 traballadores poñerase á disposición do comité de empresa un taboleiro de anuncios para coloca-la diversa información laboral que sexa de interese para os traballadores.

d) Delegado sindical. Nos centros de traballo con cadro de persoal superior a 80 traballadores poderá existir un delegado sindical, nos termos previstos na Lei orgánica de liberdade sindical.

Artigo 30º.-Desconto en compras

Os traballadores terán dereito a un desconto do 15%, sobre o prezo de venda ó público, nas compras que realicen nos establecementos en que presten os seus servicios.

Artigo 31º.-Comisión paritaria

Para a interpretación e cumprimento de cantas cuestións se deriven da aplicación deste convenio, establécese unha comisión paritaria integrada por tres representantes de cada unha das partes, escollidos de entre os membros da comisión deliberadora.

Artigo 32º.-Lexislación subsidiaria

En todo o non expresamente previsto neste convenio haberá que aterse ó establecido no Estatuto dos traballadores e demais disposicións de xeral ou especial aplicación.

Disposición adicional

As partes nomean unha comisión paritaria que, en principio, estará configurada polos mesmos membros que o fosen da comisión negociadora do presente convenio, para o estudio e subseguinte incorporación ó convenio do ano 1997 das directrices do acordo marco de comercio de 1996, no referido ás categorías profesionais.

Táboa de salarios sector comercio de materiais para a construcción de Pontevedra

Grupo I:

Persoal técnico titulado:

Titulado de grao superior121.875
Titulado de grao medio101.337
Axudante técnico sanitario87.639

Grupo II:
Persoal mercantil técnico:
Director135.567
Xefe de división117.769
Xefe de persoal, compras, vendas e encargado115.029
Encargado xeral101.337
Xefe de sucursal e supermercado101.337
Xefe almacén94.491
Xefe de sección mercantil90.379
Encargado de establecem., vendedor, comprador, poxador90.379
Intérprete86.274

Persoal mercantil propiamente dito:
Viaxante87.639
Corredor de praza86.274
Dependente84.904
Axudante 78.052
Aprendiz de primero ano30.124
Aprendiz de segundo ano43.824

Grupo III:
Persoal técnico non titulado:
Director134.202
Xefe de división117.769
Xefe de administración108.183
Secretario84.787
Contable93.120
Xefe de sección administrativa98.597

Persoal administrativo:
Contable-caixeiro, taquimecanógrafo en idioma extranxeiro93.120
Oficial administrativo e operador de máquinas contables90.379
Auxiliar administrativo e perforista84.904
Aspirante de 16 e 17 anos43.817
Auxiliar de caixa de 16 e 17 anos43.817
Auxiliar de caixa de 18 anos ou máis78.052

Grupo IV:
Persoal de servicios e actividades auxiliares:
Xefe de sección do servicio104.078
Debuxante102.707
Escaparatista95.861
Axudante de montaxe78.052
Delineante, visitador, rotulista79.434
Cortador79.434
Axudante de cortador, xefe de taller79.434
Profesional de oficio de 1ª84.904
Profesional de oficio de 2ª79.434
Profesional de oficio de 3ª79.434
Axudante79.434
Capataz82.163
Mozo especializado79.428
Ascensoristas, telefonistas, mozo empaquetador78.052

Grupo V:
Persoal subalterno:
Conserxe78.052
Cobrador78.052
Vixilante, sereno, ordenanza, porteiro78.052
Persoal de limpeza (por hora)412

8339