Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Mércores, 18 de decembro de 1996 Páx. 11.553

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 26 de novembro de 1996 pola que se clasifica como de interese docente a Fundación Manuel Mª Concheiro Barreiro.

Visto o expediente de clasificación da Fundación Manuel Mª Concheiro Barreiro, con domicilio en Ordes.

Supostos de feito.-

1.-Manuel Mª Concheiro Barreiro, na súa calidade de presidente da fundación, en escrito do trinta de xullo de 1996, formulou solicitude de clasificación para efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2.-A fundación foi constituída en escritura pública outorgada en Ordes, o día 5 de xullo de 1996, ante o notario do Ilustre Colexio da Coruña Carlos de la Torre Deza, co número oitocentos noventa e seis do seu protocolo por Manuel Mª Concheiro Barreiro, Mª Teresa Varela Nine, Alejandra Concheiro Varela e Álvaro Concheiro Varela no seu propio nome e dereito.

3.-Segundo consta no artigo 6 dos seus estatutos, o obxecto da fundación é a satisfacción e colaboración de e en toda clase de temas e necesidades intelectuais, morais ou físicas e de beneficencia.

4.-O padroado da fundación estará constituído por Manuel Mª Concheiro Barreiro como presidente, Mª Teresa Varela Nine como vicepresidenta, Álvaro Concheiro Varela como secretario e Alejandra Concheiro Varela como vocal.

5.-A comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías elevoulle ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública proposta de clasificación como de interese docente da Fundación Manuel Mª Concheiro Barreiro dado o seu obxecto e finalidade, polo que, cumpríndose os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como de interese docente e a súa adscrición á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril); a Lei 7/1983, do 22 de xuño, e a Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación.

Fundamentos de dereito.-

1.-O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2.-De acordo co disposto no artigo 32.2º.c) do Decreto 248/92, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, correspóndelle a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3.-Á vista do que antecede, pódense considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día dezaoito de novembro de 1996.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Clasificar como de interese docente a Fundación Manuel Mª Concheiro Barreiro e adscribila á Con

sellería de Educación e Ordenación Universitaria, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela,26 de novembro de 1996.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia

e Administración Pública

9139