Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 16 de decembro de 1996 Páx. 11.491

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FENE

EDICTO.

A Corporación Municipal, en sesión ordinaria celebrada con data 5 de setembro de 1996, adoptou o acordo que, copiado literalmente, di o seguinte:

3º. Aprobación definitiva do proxecto de modificación puntual do plan xeral de ordenación urbana no contorno da unidade de actuación número 13.

Dáse conta da proposta da Comisión Informativa de Urbanismo, Obras, Vivenda e Industria que, copiada literalmente, di o seguinte:

Visto o procedemento tramitado para a modificación puntual do plan xeral de ordenación urbana no contorno da unidade de actuación número 13.

Resultando que, por acordo plenario con data 10 de xaneiro de 1996, se prestou aprobación inicial ó proxecto de modificación de referencias, redactado polo arquitecto Fernando Casqueiro Barreiro, e someteuse a información pública regulamentaria mediante edictos publicados no Diario Oficial de Galicia os días 8 de marzo e 11 de abril, no diario La Voz de Galicia o día 3 de abril e no BOP correspondente ó día 15 do citado mes.

Resultando que durante a información pública se presentaron dúas alegacións, formuladas por José M. España Gómez e José Rivera Martínez, nas que se pon de manifesto a existencia duns afloramentos de auga potable e a correspondente servidume de acueducto; así como unha arqueta dunha capacidade de 3.510 litros, na zona afectada pola modificación puntual para o abastecemento de auga potable de Villa Mercedes, e coa finalidade de que se tivese en conta a execución das obras para preservar e non causar danos nas referidas instalacións, informando o enxeñeiro municipal que as alegacións non entran a discutir nin a procedencia da modificación, nin a ordenación proposta, nin aspectos ou parámetros urbanísticos dela e que, en principio, a realización da referida ordenación non debe afectar de maneira directa a captación e conducción referidas, sen prexuízo de determinadas puntualizacións que se especifican por posibles incidencias indirectas durante a execución das obras, pero que poderían

respecta-la existencia da captación si se desexa.

Resultando que, en cumprimento do establecido nos artigos 8.a e 7.2º da Lei 7/1995, do 29 de xuño, de delegación e distribución de competencias en materia de urbanismo, constan no expediente os informes favorables do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con datas 14 de decembro de 1995 e 15 de xullo de 1996, este último preceptivo e vinculante como requisito previo á aprobación definitiva da referida modificación.

Así mesmo, consta informe da demarcación de estradas do Estado de Galicia, Servicio de Conservación e Explotación, no que se especifica que se terá en conta a acta de aliñacións subscrita entre o concello e a Xefatura Provincial de Estradas que establecía que a liña de edificación se situaría a 12,50 metros do eixe da estrada N-651 nos treitos comprendidos entre os P.Q. 29.308 e 30.569.

Vistos os informes emitidos polo enxeñeiro municipal, secretaría e intervención.

Considerando que a lexislación vixente faculta os concellos para a aprobación de modificacións do seu planeamento, e xustificouse no acordo plenario con data 2 de febreiro de 1995, así como nos convenios urbanísticos subscritos con Higinio Giao Carregado e a familia González-Cela Pardo e aprobados en sesión plenaria do día 25 de maio do referido ano, así como na memoria do proxecto, as causas e razóns que xustifican a referida modificación, así como as vantaxes que supón para os intereses públicos e privados, destacando a obtención do solo para a creación dun parque municipal, e terreos de localización de aproveitamentos edificatorios asignables ó concello.

Considerando que o proxecto reúne as determinacións e documentos requiridos en atención á súa

entidade e, ademais, queda xustificada a obtención dos maiores espacios libres e zonas verdes demandados polo incremento da edificabilidade, de conformidade co disposto no artigo 128 da lei sobre réxime do solo e ordenación urbana, sen prexuízo da elaboración, tramitación e aprobación dun ou varios estudios de detalle para a complementación daqueles extremos da ordenación que sexan precisos a este nivel, así como do correspondentes proxecto de urbanización e os procedementos de execución do planeamento que fosen precisos de conformidade coa referida normativa.

Na súa virtude e de conformidade co dictame-proposta emitido pola Comisión Informativa de Urbanismo, Obras, Vivenda e Industria, en votación ordinaria e por maioría de cinco votos a favor (5 do BNG) e dous en contra (1 do PSdeG-PSOE; 1 de FI), propónselle ó Pleno da Corporación a adopción do acordo seguinte:

1º.-Aprobar, con carácter definitivo, o proxecto de modificación puntual do plan xeral de ordenación urbana no contorno da unidade de actuación número 13, redactado polo arquitecto Fernando Casqueiro Barreiro.

2º.-Dispoñe-la publicación do presente acordo no Diario Oficial de Galicia e a súa comunicación á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, coa remisión dunha copia do expediente completo e dous exemplares do proxecto, nos termos previstos no artigo 8 da Lei galega 7/1995, do 29 de xuño.

Logo de deliberación, a corporación, en votación ordinaria e por maioría absoluta de nove votos a favor correspondentes ós membros do grupo do BNG, fronte a oito votos en contra (3 do PP, 2 do PSOE, 2 de EU-EG e 1 de FI), acordou aprobar nos seus propios termos a proposta transcrita.

O que se fai público para xeral coñecemento poderá interpoñerse contra o acordo transcrito, recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses desde a publicación deste edicto.

Fene, 11 de novembro de 1996.

O alcalde

Rubricado

8756