Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 16 de decembro de 1996 Páx. 11.492

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NOIA

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación en sesión con data 8-10-1997, acordou aprobar inicialmente o PE de protección e reforma interior do núcleo histórico de Noia, así como sometelo a información pública polo prazo dun mes desde a aparición do presente anuncio no DOG. No devandito prazo, as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido comparecendo, nas dependencias municipais de urbanismo, sitas provisionalmente na travesía da rúa Frei Lois Rodríguez e formula-las alegacións que consideren convenientes. Así mesmo, poderá consultarse na empresa Copi-Empresa (Santiago de Compostela), na que se poderá obter copia do documento íntegro.

O acordo de aprobación inicial (artigos 102.2º TRLS, 120.2º RPU) opera a suspensión de outor

gamento de licencias para as áreas expresamente detalladas no documento aprobado inicialmente.

Noia, 14 de novembro de 1996.

Antonio M. Fernández Seoane

Alcalde en funcións

8448