Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 16 de decembro de 1996 Páx. 11.492

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

EXPOSICIÓN pública do proxecto de urbanización da vía transversal ó camiño de Espiñeiro (expediente 3988/401).

A Comisión de Goberno en sesión do día 27-9-1996 acordou o seguinte:

1º. Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización da vía transversal ó camiño de Espiñeiro, formulado por Pilar Álvarez Díaz e Jesús Fernández Fernández e redactado polo arquitecto Ricardo Salgado Salgado, de acordo cos informes do expediente número 3988/401 e coas seguintes condicións e/ou especificacións:

a) Os promotores da actuación deberán avalar, unha vez aprobado definitivamente este proxecto, a cantidade de 2.960.000 pesetas para responder dos custos de expropiación dos terreos necesarios para a execución da vía que se proxecta.

b) Así mismo, deberán avalar (tamén logo de aprobación definitiva), a cantidade de 12.610.329 pesetas, correspondentes ó 100% do importe das obras de urbanización.

c) O prazo de execución da totalidade das obras comprendidas no proxecto fíxase en 12 meses, contados desde a efectiva dispoñibilidade dos terreos.

d) As obras que se describen nos arredores da futura edificación entenderanse como indicativas, a resultas do que para o efecto se determine no expediente de concesión de licencia.

e) Con anterioridade á aprobación definitiva do proxecto deberá achegarse polos interesados xustificación suficiente do cumprimento da ordenanza para mellora de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas do Concello de Vigo, no que lle sexa de aplicación.

2º. Somete-lo expediente a información pública polo prazo de quince días, mediante a inserción de anuncios no DOG, BOP, un dos xornais de maior circulación da provincia e no taboleiro oficial de edictos da Casa do Concello, con notificación ós interesados (incluídos os propietarios afectados pola expropiación prevista, segundo relación contida no plano número 2 con visado do COAG do 17-7-1996).

3º. Logo da aprobación definitiva do proxecto, incoa-los correspondentes expedientes expropiatorios co fin de obte-la totalidade dos terreos precisos para a execución da vía en cuestión.

O que se fai público en cumprimento do punto 2º do acordo plenario, e signifícase que o prazo de exposición ó público entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate dos quince días contados desde o derradeiro anuncio.

A documentación atópase na Oficina Municipal de Información (baixo do concello).

Vigo, 28 de outubro de 1996.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde