Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 16 de decembro de 1996 Páx. 11.490

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 1996, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e tramitación anticipada, do expediente de gasto para o arrendamento dunha solución de telemedicina entre centros e institucións dependentes do Servicio Galego de Saúde.

1.-Entidade adxudicadora: Servicio Galego de Saúde, Dirección Xeral de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, teléfono 54 54 00; fax 54 27 62, Santiago de Compostela.

2.-Modalidade de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.

3.-Lugar de entrega dos bens obxecto do arrendamento: ver prego de prescricións técnicas.

4.-Natureza e cantidade dos productos que deban arrendarse: solución de telemedicina entre centros e institucións dependentes do Servicio Galego de Saúde.

Lote I: solución de telemedicina entre o Complexo Hospitalario Universitario e o centro de saúde de Lalín.

Lote II: solución de telemedicina entre o Complexo Hospitalario Juan Canalejo da Coruña e o centro de saúde de Betanzos.

Orzamento total: cincuenta e un millóns dúascentas corenta e sete mil trescentas oitenta pesetas (51.247.380 ptas.), IVE incluído.

Indicacións relativas a posibilidade de licitar por partes ou pola totalidade do obxecto do contrato: a licitación poderá ser pola totalidade ou por cada un dos lotes indicados.

4.-Plazo de entrega eventualmente imposto: ver apartado 4 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

5.-Nombre e dirección do servicio ó que pode solicitarse os documentos pertinentes: Dirección Xeral de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, Santiago de Compostela.

6.-Data límite para efectuar esta solicitude. 10-1-1997.

Data límite de recepción das ofertas: 20-1-1997.

Dirección a que se deben dirixir: rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (Di

rección Xeral de Recursos Económicos), edificio administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela.

Lengua ou lenguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

7.-Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

Data, hora e lugar da dita apertura: sala de xuntas da Consellería de Sanidad e Servicios Sociais en San Lázaro, a partir das 10 horas do 31-1-1997.

8.-Garantías esixidas: garantía provisional polo 2% do orzamento de licitación.

Lote I: 512.474 ptas.

Lote II: 512.474 ptas.

9.-Modalidades esenciales do financiamento e pagamento ou referencias ós textos que as regulan: aboar en conta.

10.-Forma xurídica que deberá adopta-la ocupación de provedores: unión temporal de empresas.

11.-Informacións e formalidades necesarias par avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo arrendador: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

12.-Plazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses contados desde a data da apertura das proposicións económicas.

13.-Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: ver prego de cláusulas administrativas particulares, punto 1l.

14.-Admisión de variantes: non se admiten variantes.

15.-Outras informacións: na dirección e servicio indicados no punto 5.

16.-Data de envío do anuncio á Oficina das Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 27-11-1996.

17.-Anuncios: o importe do anuncio da presente resolución na prensa e nos boletíns oficiais será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 1996.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral de Recursos Económicos

8350