Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 16 de decembro de 1996 Páx. 11.488

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 1996, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se declara a condición de mineiro-medicinal as augas procedentes do manancial denominado Bañiño, número 30, sito no concello de Xunqueira de Ambía (Ourense).

Vista a solicitude de declaración de minero-edicinais as augas do manancial Bañiño, número 30, sito no concello de Xunqueira de Ambía (Ourense), por instancia de José Manuel Iglesias Cid.

Resultando que o Instituto Tecnolóxico e Geomineiro e a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais da Xunta de Galicia, informan favorablemente sobre a condición de mineiro-medicinal das devanditas augas.

Considerando que na tramitación do expediente se cumpriron tódolos preceptos regulamentarios contidos no artigo 39 do Real decreto 2857/1978, do 25 de agosto, polo que se aproba o Regulamento xeral para o réxime da minería.

A Consellería de Industria e Comercio, por proposta da Dirección Xeral de Industria,

RESOLVEU:

Declara-la condición como auga minero-medicinal as augas do manancial denominado Bañiño

número 30, sito no concello de Xunqueira de Ambía (Ourense); declaración que queda condicionada ó cumprimento de tódolos requisitos establecidos na Lei 5/1995, do 7 de xuño, de regulación das augas minerais, termais, de manacial e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia, e da Lei 22/1973, de minas e o Regulamento que a desenvolve e revogarase no suposto de comproba-lo incumprimento das esixencias impostas pola regulación mencionada para este tipo de augas.

Ourense, 25 de novembro de 1996.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

9156